Gustavo Dudamel abre o Galicia Classics coa Sinfónica de Gotemburgo
O célebre director venezolano Gustavo Dudamel inaugura o 28 de marzo no Pazo da Ópera da Coruña o ciclo Galicia Classics 2012, cun concerto á fronte da Orquestra Sinfónica de Gotemburgo integrado por obras de Richard Strauss. As entradas para asistir a esta cita, primeira e única actuación en Galicia do que é considerado como o maior referente actual do repertorio clásico, poden adquirirse a partir mañá xoves día 15 a través da páxina web de Novagalicia Banco (http://entradas.novagaliciabanco.es) e do teléfono 902 434 443.
A nova edición do Galicia Classics, que conta co patrocinio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través da Agadic (Axencia Galega das Industrias Musicais), ábrese así da man desta xa mítica figura, tanto polo seu talento profesional como pola súa actividade de compromiso social na achega da música a nenos e nenas de comunidades desfavorecidas. O calendario íntegro, os artistas e os contidos de todos os concertos previstos para este ano presentaranse o vindeiro 21 de marzo en Santiago.
Dudamel, un dos impulsores de “El Sistema de Orquestas” venezolano e director titular da Filharmónica dos Ánxeles (EUA) e da Simón Bolívar, visita Galicia coa súa formación europea, a Sinfónica de Gotemburgo, que é a orquestra nacional de Suecia. O programa do concerto incluirá obras tan famosas de Richard Strauss como os poemas sinfónicos Don Xoán ou Así falou Zaratustra.
Entre os máis influentes
Aos seus 31 anos, Dudamel foi elixido pola revista Time como unha das cen persoas máis influentes do mundo. Aínda que polo seus compromisos como director musical ten que pasar 43 semanas anuais entre Estados Unidos, Suecia e Venezuela, actúa tamén como director convidado nalgunhas das orquestras más importantes do mundo. Esta temporada, por exemplo, volveu dirixir a Filharmónica de Viena e a Filharmónica de Berlín, ademais da Orquestra Filharmónica de Radio France en París e a Filharmónica de Israel. Visitará así mesmo La Scala de Milán, onde dirixe habitualmente, para interpretar a Sinfonía Nº 2 de Mahler, que gravará a RAI.
Baixo o seu liderado, a Filharmónica dos Ánxeles creceu considerablemente a través do programa LA PHIL LIVE (retransmisións dos concertos para toda Norteamérica); e da orquestra xoven (YOLA), influenciada polo recoñecido “El Sistema” de Venezuela. Coa YOLA, Dudamel achega a música a nenos de comunidades desfavorecidas nos Ánxeles e sirve de inspiración para iniciativas similares no resto dos Estados Unidos, así como doutros proxectos en Suecia e Escocia. Coa Simón Bolívar de Venezuela, Gustavo Dudamel chega á súa décimo terceira temporada e, ademais de levar a cabo o gran concerto do bicentenario do país, actuará no Festival de Salzburgo, BBC Proms, La Scala e noutras salas de Italia, Suíza e Turquía.
Dudamel vén a Galicia por primeira vez como director musical da Orquestra Sinfónica de Gotemburgo, onde comezou a súa quinta temporada con concertos en Gotemburgo e Estocolmo, así como cunha xira por Portugal e España.
Gustavo Dudamel é un dos directores máis galardoados da súa xeración. En outubro de 2011 foi nomeado Artista do Ano polo selo Gramophone; e en maio ingresou na Real Academia Sueca da Música. No ano anterior, recibiu o Premio Eugene McDermott das MIT. En 2009 ingresou en l’Ordre des Arts et des Lettres como Chevalier en París e recibiu un doutorado honorífico da Universidade Centro-Occidental Lisandro Alvarado na súa cidade natal, Barquisimeto. En 2008, a Joven Orquesta Simón Bolívar foi distinguida co Premio Príncipe de Asturias das Artes e, xunto ao seu mentor, José Antonio Abreu, recibiu o Premio “Q” da Universidade de Harvard polo seu extraordinario servizo aos nenos.
Como artista en exclusiva de Deutsche Grammophon desde 2005, ten editados quince discos; e no tocante a vídeos/dvd, protagonizou seis lanzamentos cos concertos máis importantes da súa carreira.
Orixe humilde
Dudamel provén de orixes humildes na pequena cidade de Barquisimeto. Nado en 1981, comezou a recibir clases de violín de rapaz con José Luis Jiménez no Conservatorio Jacinto Lara; e continuou os seus estudos deste instrumento con José Francisco del Castillo na Academia Latinoamericana de Violín. En 1996 estudou dirección con Rodolfo Saglimbeni e, ese mesmo ano, ofrecéronlle o seu primeiro posto como director na Orquestra de Cámara Amadeus. En 1999 foi nomeado director musical da Xoven Orquestra Simón Bolívar, onde continuou a estudar co seu fundador, o Dr. Abreu. En 2004 Dudamel captou a atención internacional ao gañar o Concurso Inaugural Gustav Mahler da Sinfónica de Bamberger. Estas temperás experiencias musicais forxaron o seu compromiso coa música como clave para o cambio social, a súa grande paixón.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia