Educación e Cultura promove a campaña "Achégate" ao Sistema Universitario de Galicia
![](http://www.galiciadigital.com/images/notas/fotos/furgoneta_sug.jpg)
Varios técnicos da Consellería viaxaran por distintos concellos galegos, que non teñen centros nos que se imparta o bacharelato, e teñen programadas unha serie de actividades dirixidas aos estudantes que queren acceder á universidade.
Os interesados poderán achegarse ata o vehículo que a Consellería ten preparada para viaxar por toda Galicia e na que ofreceran toda a información relativa ás probas de acceso á universidades, e na que tamén darán a coñecer a oferta de estudos existentes, así como os novos plans implantados con motivo do Espazo Europeo de Estudos Superiores (EEES); a oferta de bolsas de axudas e premios da Consellería, do Ministerio de Educación e doutras administracións, así como os distintos aloxamentos aos que poden optar os futuros estudantes universitarios.
O percorrido
A campaña xa estivo nos concellos de Barbadás en Ourense e Valdoviño en A Coruña. Do mesmo xeito na provincia da Coruña o programa tamén chegará o 22 deste mes á praza do concello de Coristanco; e o multiusos de Bergondo o día 29. Mentres que á provincia de Lugo os técnicos da Consellería estarán o 23 a O Saviñao; o 27 na praza do concello de Cospeito; o día 30 a Outeiro de Rei.
En Ourense Achégate ao SUG estará o 3 de abril na casa do concello de Pereiro de Aguiar; o 4 de abril no campo da feira e na praza do concello de Cartelle. Finalmente en Pontevedra estará o día 2 de abril á casa do concello e da Cultura de Vilaboa; o 12 do mes que ven ao CPI Manuel Suárez Marquier e a praza do Calvario en O Rosal; e finalizará o 13 de abril en Arcade, no concello de Soutomaior.
Deste xeito a Consellería de Cultura e Educación continúan a desenvolver diversas accións a prol da calidade do sistema educativo dando pasos a nivel informativo para que todos as galegas e galegos teñan coñecemento de todas as alternativas de estudos que se ofertan na comunidade.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia