A Comisión Europea (CE) elixe Galicia como “Rexión da Semana” na súa web
A través desta sección, preténdese dar a coñecer cada semana unha das 271 rexións que integran a Unión Europea e a contribución da política rexional no desenvolvemento destas.
Segundo os datos da propia Comisión e dende a adhesión de España á Unión Europea en 1986, a Política de Cohesión investiu en Galicia máis de 18.000 millóns de euros, o que contribuíu de forma significativa ao seu crecemento económico e a avanzar na converxencia real coa UE. Así, a rexión pasou de representar o 75,6% do PIB medio por habitante da Unión Europea en 2000, a situarse no 92,7% en 2009.
No período financeiro 2007-2013, Galicia estableceu un cambio estratéxico claro con respecto ao período anterior 2000-2006, ao substituír progresivamente os investimentos en infraestruturas por aqueles destinadas ao ámbito da innovación e a investigación, as enerxías renovables e a innovación empresarial, en consonancia coa estratexia de Lisboa.
Actualmente, Galicia centra os seus esforzos inversores en tres ámbitos prioritarios: transporte e enerxía (representa o 41,5% do investimento total); medio ambiente, protección dos recursos naturais, xestión, distribución e tratamento da auga, e prevención de riscos (arredor do 22% do investimento total); e desenvolvemento e innovación empresarial (16% do total de investimento).
Os obxectivos para o período 2007-2013 céntranse en: un incremento anual da taxa de crecemento dun 2,9%; un aumento do gasto en I+D para pasar do 0,88% do PIB en 2007 ao 1,87% do PIB previsto para 2013; a creación de 84.000 postos de traballo e 421 empresas innovadoras; e un incremento da produtividade do traballo, cunha porcentaxe media de crecemento anual do 0,87%.
A Comisión Europea destaca nesta sección algúns dos proxectos desenvolvidos en Galicia e financiados con fondos comunitarios como a Escola Superior de Arte Dramática de Vigo, un centro superior de ensinanzas artísticas dependente da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria; ou o sistema de Facturación electrónica, un portal de entrada de facturas en Internet a través do cal os provedores poden cursar as facturas á Administración autonómica de forma electrónica, sen esperas nin desprazamentos.
O feito de que a Comisión Europea elixise a Galicia rexión da semana inmediatamente despois de ter publicado as estatísticas de converxencia económica con Europa interprétase como un espaldarazo ás políticas implementadas pola Xunta seguindo as orientacións do Plan Estratéxico de Galicia 2010-2014 e da Estratexia Europa 2020.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia