O Centro de Día de Sabarís será o primeiro de Galicia en prestar un servizo mancomunado
A Consellería de Traballo e Benestar porá en marcha o primeiro centro de día de Galicia que prestará un servizo mancomunado nos concellos de Baiona, Nigrán e Gondomar. Así o anunciou a titular do departamento autonómico, Beatriz Mato, quen asinou en Baiona un convenio de colaboración coa Mancomunidade do Val Miñor para a xestión das instalacións.
Desta forma, o novo centro de día de Sabarís, a primeira infraestrutura pública destas características na mancomunidade do Val Miñor, contará con 40 prazas e ofrecerá, segundo resaltou Mato, “unha atención de calidade, orientada a preservar a autonomía persoal durante o máximo tempo e no máximo grao posible”.
Ademais, a conselleira explicou que a finalidade deste novo modelo é lograr “un reparto xusto, equitativo e solidario dos esforzos na atención á dependencia”, xa que apuntou que na conxuntura actual é “máis importante que nunca a colaboración efectiva entre as administracións locais e autonómica”.
Así, incidiu en que o Goberno galego está a traballar, en colaboración directa cos concellos, para que este novo modelo se estenda a outros centros de atención social.
O Goberno galego destinou para a construción e equipamento deste servizo, que abrirá as súas portas no mes de abril, máis de 450.000 euros. O seu mantemento anual terá para a Administración autonómica un custo de 440.000 euros. Na actualidade, a Xunta está a traballar nos últimos detalles para poñer en marcha o centro, que se atopa en proceso de tramitación de altas.
Por último, Mato resaltou a aposta da Xunta pola posta en marcha de servizos que axuden a promover a autonomía persoal dos maiores. Neste senso, lembrou que no vai de lexislatura a Xunta puxo en marcha en toda Galicia 775 prazas en centros de día, o que supón un incremento do 82,7 por cento con respecto a abril de 2009. “Antes de que remate a lexislatura superaremos as 2.400, é dicir, un 157 por cento máis das que había en 2009”, sinalou.
Na provincia de Pontevedra, as prazas creadas sumaron 180 nos tres últimos anos, que elevan a 368 o total de prazas públicas na provincia, un 95 por cento máis das que había en abril de 2009. Ademais, antes de que remate esta lexislatura, a Consellería de Traballo e Benestar abrirá outras 180 prazas máis na provincia.
En definitiva, Beatriz Mato indicou que “imos seguir traballando nesta liña, apostando con decisión polo benestar de todas as persoas de Galicia, especialmente daquelas máis vulnerables, e colaborando cos concellos, posto que eles coñecen de primeira man cales son as necesidades dos cidadáns”.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia