O ciclo Galicia Classics percorre ata xullo de 2012 sete cidades galegas
![](http://www.galiciadigital.com/images/notas/fotos/galicia_classics_2012.jpg)
O ciclo, que comezará o mércores 28 de marzo co concerto executado pola Sinfónica de Gotemburgo e baixo a batuta de Gustavo Dudamel se desenvolverá nas principias cidades galegas ata o vindeiro mes de xullo. Durante a súa intervención o conselleiro sinalou que “nosa aposta pola continuidade esta iniciativa que comezou a súa andina en 2010, con motivo das celebracións do Xacobeo. Esta terceira edición e continúa a complementar ás programacións musicais que xa existen en Galicia permitindo o acceso do público a algunhas das manifestacións máis importantes, e de maior calidade, da música internacional no noso tempo”.
Gustavo Dudamel
Durante a presentación do acto recordouse que o director venezolano Gustavo Dudamel inaugurará o próximo 28 de marzo no Pazo da Ópera da Coruña o ciclo Galicia Classics 2012, cun concerto á fronte da Orquestra Sinfónica de Gotemburgo integrado por obras de Richard Strauss. As entradas para asistir a esta cita, primeira e única actuación en Galicia do que é considerado como o maior referente actual do repertorio clásico, poden adquirirse desde o xoves día 15 a través da páxina web de Novagalicia Banco (http://entradas.novagaliciabanco.es) e do teléfono 902 434 443.
Respecto do primeiro director do programa do Galicia Classics o conselleiro destacou a importancia da súa figura e dixo que “é un ejemplo de esforzo e superación que o converte nun modelo e fonte de inspiración para as nenas e nenos de todo o mundo que abrazan a música como un modelo de vida. Neste punto quero destacar que unha vez máis o esforzo e o traballo por superarse e por obter os mellores resultados quedan reflectidos na actual consideración acadada a nivel internacional.
O programa
Tras o concerto do vindeiro mércores o ciclo continuará o 17 de abril na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, coa interpretación e debut en Galicia do cantante René Pape que xunto ao pianista Camilo Radicke interpretaran obras de Franz Schubert, Hugo Wolf e Robert Schumann.
Compositores galegos
Posteriormente, o 27 de maio, o Galicia Classic chegará ata Betanzos. Alí, e do mesmo xeito que nas dúas edicións anteriores, colabórase coa Ásocación Galega de Compositores. Nesta ocasión o prestixioso Grupo Instrumental S.XX, dirixida por Florian Valshi, renderá homenaxe a un dos socios fundadores da Asociación, o betanceiro Carlos López García Picos, e se estrearan algunhas das súas obras.
A mesma agrupación interpretará o 25 de xuño no Conservatorio de Xoán Viaño en Ferrol a lembranza do autor ferrolano Xoán Viñao.
Cómpre destacar que tanto Carlos López García-Picos como Xoán Viaño serán os protagonistas dos concertos de Betanzos e Ferrol, respectivamente. Entre ambos estrearanse ata dez novas obras dedicadas a estes compositores actuais. O Grupo instrumental S.XX realizará as interpretacións e incluirán novas obras de Paulino Pereiro, Margarita Soto Viso, Manuel Alejandre, Xavier Comesaña, María Mendoza e Gabriel Bussi, entre otros.
Nápoles e Galicia
Xa no mes de xuño, o día 20, o Auditorio do Centro Cultural de Novacaixagalicia de Vigo acollerá a Antonio Florio e a Cappella della Pietà de´Turchini, coa soprano Valentina Varriale e o tenor Giuseppe De Vittorino. Neste caso interpretarase un programa que repasa o máis destacado da ópera napolitana do século XVIII. Cómpre recordar que Nápoles e Galicia manteñen unha estreita relación cultural, sobre todo a raíz do labor de mecenazgo que os condes de Lemos realizaron na cidade olívica.
Homenaxe a Celso Emilio Ferreiro
Nesa edición o Galicia Classics tamén recorda a figura de Celso Emilio Ferreiro do que este ano se cumpre o centenario do seu nacemento. En Lugo, con data por determinar e o 16 de xullo en Celanova interpretárase Onde o mundo se chama Celanova, de Curros a Celso Emilio a cargo da Compañía Lírica Ofelia Nieto, coa soprano Patricia Morchón; o barítono, Antón de Santiago e o Grupo Instrumental Cítola con Ángel Lozano ao violín; Rosalía Vázquez co violonchelo e Ramón Carnota coa guitarra.
Cómpre destacar que Onde o mundo se chama Celanova permitirá aprecia algunhas das mostras máis exquisitas da canción culta galega. Así a través da música realizarase un percorrido poético-musical. Unha viaxe enchida de palabras e música pola literatura que une algúns dos máis grandes escritores en lingua galega, de Curros Enríquez a Celso Emilio Ferreiro, pasando por Rosalía, Castelao, Cabanillas, Ramiro Fonte ou Miguel Anxo Fernán Vello, con compositores coma Juan Montes , Xosé Castro Chané, Juan Durán ou Antón de Santiago. Celanova, no marco dun gran congreso internacional sobre a figura de Celso Emilio, e Lugo acolleran a estrea deste singular espectáculo no verán.
Con esta nova edición do Galicia Classics a Xunta volve a dar conta da súa vocación de achegar a música e o percorrido pola historia que esta ofrece a través de concertos nas catro provincia cunha calidade de sobra recoñecida tanto na dirección, como na interpretación e como no contexto cultural no que se desenvolve ao ser un percorrido pola historia musical relacionada con Galicia.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia