Galicia recibirá preto de 3,7 millóns de euros para a reconversión de viñedos
Galicia recibirá preto de 3,7 millóns de euros para cubrir as necesidades de reestruturación e reconversión de viñedos trala modificación no cadro financeiro do Programa de Apoio ao Viño para o exercicio 2012, que está dotado de 358 millóns de euros. A nosa Comunidade corresponderanlle preto de 3,7 millóns de euros, dos cales case 2,3 xa foron distribuídos como anticipo desta dotación. Así o puido comprobar a conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, que asistiu esta mañá en Madrid á Conferencia Sectorial de Agricultura e Desenvolvemento Rural, co fin de participar na distribución definitiva de fondos para o sector vitivinícola.
Esta nova distribución atende a unha serie de criterios en cuxa valoración e discusión interveñen as diferentes comunidades autónomas. No seu momento, Galicia defendeu a necesidade de modificar os criterios ponderados tales coma os da superficie dos viñedos (que favorecen a territorios con gran extensión destes cultivos) e que se tiveran en conta outras cuestións amén da evolución da nosa viticultura ao longo dos últimos decenios tales como a peculiaridade da orografía galega e os maiores custes de produción.
Liña de axudas
Precisamente en base a isto, o departamento que dirixe Rosa Quintana mantén unha aposta potente por este sector, reflexado mediante unha liña de axudas que ten como finalidade incentivar estes plans de reestruturación e reconversión da viña, no marco do obxectivo xeral de aumentar a competitividade dos viticultores por medio da reconversión varietal, a reimplantación de viñas ou as melloras das técnicas de xestión da viña.
Estas axudas teñen por obxecto apoiar investimentos relativos a arrinque, preparación de solo, plantación, custos de cultivo, emparrados, desinfección, nivelación do terreo, socalcamento ou protección de planta nova, entre outros.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia