O Museo de Lugo acolle unha exposición de Blas Lourés
O delegado de Cultura e Turismo da Deputación, o nacionalista Mario Outeiro participou xunto coa xerente da Rede Museística de Lugo, Encarna Lago, e a directora do Museo de Lugo, Aurelia Balseiro, no acto inaugural da exposición da obra do pintor lucense Blas Lourés, que tamén estivo presente no acto, acompañado pola súa muller. A mostra estará aberta ao público ata o 15 de xuño no Museo Provincial de Lugo.
Esta exposición está formada por 57 pinturas, 15 gravados, 10 esmaltes e centos de debuxos recollidos nunha proxección audiovisual, e representa unha vida enteira dedicada á arte, na que se poden apreciar varias etapas de Blas Lourés como artista: os seus inicios máis realistas, a etapa vermella ou a etapa azul; e na que da cabida a diferentes estilos: realismo, cubismo, expresionismo, así como outras tendencias nas que toman parte formas xeometrizadas e certo grao de abstracción, aínda que na súa obra prevalece a figuración.
A mostra non só recolle obras de propiedade do autor senón que tamén conta con pezas pertencentes ao Museo de Lugo, ao Concello e a coleccionistas particulares. Da colección pertencente ao Museo móstranse, entre outras, obras como Cabalo Roxo ou Autorretrato, de 1977 e 1978, respectivamente, que foron doadas polo artista lucense no verán de 2009.
Mario Outeiro afirmou que “podemos considerar esta exposición como unha das máis completas que se teñen feito ata o día de hoxe da obra de Blas Lourés”, a quen o delegado de Cultura da Deputación cualificou de ser “un gran pintor, cun gran apego á súa terra, Lugo, o que demostra na temática dos seus cadros, recreando labores do campo ou o casco urbano da cidade e a súa actividade; cunha obra pictórica galardoada en numerosas ocasións e que foi quen de compartir inquietudes e experiencias con escritores lucenses como Uxío Novoneyra, Ánxel Fole ou Darío Xohán Cabana, aos que ten ilustrado as súas obras literarias”.
Mario Outeiro tivo palabras de agradecemento e deu os “parabéns aos organizadores desta mostra, coa que colaboramos compracidos dende a Área de Cultura da Deputación de Lugo. Son de agradecer iniciativas como a que nos ocupa que permiten o achegamento da cidadanía a figuras fundamentais da nosa cultura como é, sen ningunha dúbida, o pintor Blas Lourés”

Gabinete de Comunicación da Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo