Un centenar de pilotos competirán o 14 de abril no V Supercross Cidade de Tui
![](http://www.galiciadigital.com/images/notas/fotos/supercross_tui_cartel2012.jpg)
Agardan que preto dun centenar de pilotos compitan neste V Supercross Cidade de Tui, aínda que Andrés Urseira recoñecía que ao tratarse dun deporte caro, hai pilotos que este ano debido a crise ser deron de baixa.
O Supercross disputarse no circuíto de Randufe, na parte traseira do Complexo Deportivo Álvarez Durán. O sábado a partir das once da mañá serán os adestramentos e dende ás catro e media da tarde terá lugar xa a competición oficial. Será unha proba moi vistosa para o público xa que o circuíto conta con 13 saltos de diferentes tipos, algúns deles de 14 e 18 metros de lonxitude, polo que Andrés Urseira destacaba que vai ser “moi vistoso para o público pola destreza que teñen que ter estes pilotos”.
Pola súa parte o Concelleiro de Deporte, Nicolás Lorenzo, agradeceu ao Motoclub Randufe a celebración do Supercross coincidindo coas festas de San Telmo, polo que dicía vai ser “a proba deportiva con máis importante por cartel”, por ser a primeira proba do calendario galego, e tamén pola gran afluencia de público de edicións anteriores que agardan superar este ano.
Este ano o Motoclub Randufe repartiu 3 mil entradas para o Supercross entre os escolares de Tui e dos arredores así coma en Valença do Minho.
Gabinete de Prensa do Concello de Tui