Lugo, elixida pola FEMP para redefinir as Deputacións
![](http://www.galiciadigital.com/images/notas/fotos/reunion_femp.jpg)
O 3 de maio terá lugar en Madrid a vindeira reunión deste grupo de traballo. Queda por diante unha intensa axenda na que, tendo en conta o momento económico actual, a prioridade na toma de decisións será a prestación de servizos sociais mediante o traballo en Rede.
Precisamente, esta é a ferramenta estratéxica que define as políticas de actuación do Goberno provincial lugués á vista dos escasos recursos económicos e técnicos dos que dispoñen os Concellos. Mostra delo, o Sistema de Recadación co que a Deputación está a aforrar miles de euros ós 54 municipios que, de xeito voluntario, se adheriron a este servizo, que evita as entidades locais gastos de persoal, equipamento ou aplicacións informaticas. Outros exemplo son a prestación a custe cero de servizos como o asesoramento xurídico, a asistencia técnica económico-financeira e urbanística ou as auditorias enerxéticas.
Gabinete de Comunicación da Deputación Provincial de Lugo