Pésame do concello de Tui polo pasamento de monseñor Cerviño

Ao longo do seu episcopado, amáis da sua intensa vida pastoral, colaborou activamente co Concello de Tui en numerosas iniciativas relacionadas coa Catedral tudense e coa promoción do noso conxunto histórico, facilitando, entre outros asuntos, a creación do Albergue de Peregrinos, a instalación da Escola Obradoiro no “Cárcere Vello”.
Medidas que teñen achegado importantes beneficios á nosa localidade.
O Alcalde tudense, Moisés Rodríguez Pérez, expresa o seu pésame ao Bispo, Cabido e presbiterio diocesano así coma aos seus familiares e amigos, pola perda de D. José Cerviño Cerviño que mantivo sempre unha forte relación coa nosa cidade á que apreciaba con grande intensidade pois a sentía intimamente.
Gabinete de Comunicación do Concello de Tui