Luz verde da Xunta ao Plan para a Dinamización Demográfica
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou, na rolda de prensa do Consello, que a Xunta de Galicia vén de dar o visto e prace ás liñas mestras do Plan para a Dinamización Demográfica 2012-2015, horizonte 2020, que será presentado mañá ao Parlamento e remitido á Comisión de estudo que está traballando este asunto na Cámara galega. O plan conta con catro eixos prioritarios: sensibilizar á cidadanía; impulsos socioeconómicos á maternidade-parternidade; apoio ás familias e mellorar a coordinación das administracións.
En relación ao primeiro eixo, Feijóo subliñou que na enquisa realizada para coñecer a súa percepción, “os galegos non nos sentimos conscientes do problema demográfico da nosa terra, polo que é preciso –aseverou- facer campañas de información para saber que, en Galicia, hai un problema larvado”. E, sobre o segundo eixo, destacou a necesidade de fomentar estímulos que apoien a decisión dos galegos de converterse en pais ou nais; desde apoios económicos progresivos, vinculados á riqueza dos pais, ata a axilización dos trámites de adopción ou sensibilización do sector empresarial para aplicar tarifas de tipo social.
Así mesmo, o titular da Xunta referiuse ao apoio ás familias, con medidas que faciliten a conciliación da vida familiar como o incremento, a pesares da crise, do número de prazas das escolas infantís; fomentando a racionalización dos horarios e facilitando o acceso á vivenda e ao transporte. “E é preciso mellorar a coordinación das distintas administracións. Todos deberíamos priorizar nos nosos plans de goberno, nos nosos plans estratéxicos a demografía de Galicia como problema”, afirmou, en relación ao cuarto eixo.
Se ben, Feijóo recoñeceu que se trata dun plan a longo prazo “e que a sociedade ten que completar”, aseverou que con esta proposta se está dando resposta a un compromiso político pero sobre todo a unha necesidade do país. “As liñas mestras ás que hoxe damos o visto e prace non é máis ca unha proposta que nace do Parlamento galego, xa que incorpora as principais conclusións obtidas na Comisión parlamentaria, a data de hoxe. É unha proposta que debe ser completada e pechada no propio Parlamento para que sexa un compromiso para os gobernos seguintes. Vamos a seguir traballando. A consellería de Traballo e Benestar presentará este plan, mañá, no Parlamento para remitir á Comisión e que esta siga traballando nel como considere oportuno. Hai 29 medidas que teñen que ser enriquecidas se cabe e concretadas se procede. Sería un bo final de compromiso dos intereses xerais un pacto polo rexuvenecemento de Galicia”.
Feijóo quixo agradecer o traballo da Comisión e animouna a seguir liderando este asunto para intentar atopar, nesta lexislatura, unha estratexia única. “É unha tarefa do Goberno e do Parlamento sensibilizar á poboación galega sobre o problema que temos como país en Galicia. O obxectivo é complexo, pero se nunca se intenta, nunca o imos acadar”.
O presidente da Xunta concluíu, recordando que os datos evidencian que o inverno demográfico que existe en Galicia é moi preocupante: o 22% da poboación galega ten máis de 65 anos; en 10 anos, Galicia podería chegar a perder o 5% da súa poboación -147.000 habitantes-; a taxa bruta de natalidade está por debaixo da media (8,5 en Galicia fronte ao 10,5 en España); a idade media está por debaixo da media (Galicia, 44,9 anos e, en España, 39,5 anos); e a poboación menor de 14 anos tamén está por debaixo da media (11,59 en Galicia e 14,8 en España).
Feijóo resalta que a norma “blindará a transparencia e a obxectividade de todos os directivos da Xunta de Galicia, así traballen en empresas públicas, en organismo autónomos, en entes públicos empresariais ou na Administración xeral”
Rebaixa unha media do 10% nas retribucións máximas dos directivos
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, subliñou a aprobación polo Goberno galego do Decreto que fixa por primeira vez as retribucións máximas do persoal directivo da Administración autonómica e as rebaixa unha media do 10 por cento. Así o dixo o xefe do Goberno galego na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta que lle deu luz verde a este decreto, que, lembrou, vén dar cumprimento ao artigo 8 da Lei de medidas temporais en materia de emprego público aprobada polo Parlamento autonómico o pasado mes de febreiro.
Nas súas declaracións, o titular da Xunta manifestou que a aprobación deste decreto responde a “motivacións conxunturais e motivacións estruturais”. Das primeiras referiuse á crise económica, posto que, dixo “a lei de medidas no ámbito da función pública, no contexto actual de paro, nos exixe a máxima predisposición á contracción no gasto en materia de persoal, e, moi concretamente, nas retribucións dos directivos da Xunta de Galicia”.
Lembrou que se pediu “un esforzo a todos os empregados públicos”, se ben, apuntou, “será temporal”, e non afecta ás retribucións de todos os empregados públicos “por decisións do Goberno autonómico”. Conforme destacou, o esforzo si afecta ás retribucións do persoal directivo, que se verán reducidas nunha media do 10%, e, no total da lexislatura, unha media de entre o 14% e o 24%.
Feijóo explicou que o Decreto responde tamén a unha “necesidade estrutural”, posto que existe unha “histórica situación de retribucións asimétricas entre a administración empresarial e institucional e a Administración xeral”. Nese sentido, informou de que “esta será unha norma común a toda a Administración autonómica que blindará a transparencia e a obxectividade de todos os directivos da Xunta de Galicia, así traballen en empresas públicas, en organismo autónomos, en entes públicos empresariais ou na Administración xeral”.
Na súa comparecencia ante os medios, o presidente galego defendeu que se trata dunha norma elaborada conforma a “criterios homoxéneos e obxectivos” e, deste xeito, establece “un mecanismo que fixa un tope de retribucións e que permite homologar o salario dos directivos dos entes públicos aos salarios dos altos cargos da Xunta”.
Detallou que, no caso dos membros dos consellos de administración a primeira decisión pasa por unha rebaixa do 15% das dietas “por todas as asistencias aos consellos de Administración das empresas da Xunta de Galicia”. E a segunda establece que “en ningún caso poderá haber un conselleiro dunha empresa pública que teña unha retribución superior á dun director xeral da Comunidade Autónoma”, avanzou, en referencia á Compañía de Radio Televisión de Galicia, o único caso en que isto sucedía.
No tocante aos directivos dos entes públicos, Feijóo explicou que o Decreto clasifica todos eles en cinco niveis atendendo a criterios obxectivos que marcan o nivel de retribución do persoal directivo homologándoo, no seu caso a xefe de servizo, subdirector xeral, director xeral, conselleiro e presidente da Xunta. Ademais, anunciou que ademais de clasificalas se dotará de “transparencia” estas entidades, porque os salarios dos directivos poderán ser consultados na páxina web da Consellería de Facenda, a partir da publicación do Decreto no DOG nos próximos días.
O presidente da Xunta resaltou a importancia desta norma, pola que “levábamos agardando 30 anos”, e enfatizou que se trata dunha norma “obxectiva, publicada e coñecida”. “Do mesmo xeito que Galicia é a comunidade histórica co Goberno máis pequeno de España; do meso xeito que estamos coa metade dos altos cargos que había na anterior lexislatura; do mesmo xeito que estamos reducindo a administración paralela cun aforro de 25 millóns de euros anuais; do mesmo xeito hoxe, reducimos o salario de todo o persoal directivo dos entes públicos da Xunta de Galicia nunha media do 10%, o que totaliza nesta lexislatura, unha redución do salario de entre o 15% e do 24%.”

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia