Os encoros de abastecemento da demarcación Galicia-Costa encóntranse case ao 100% da súa capacidade
![](http://www.galiciadigital.com/images/notas/fotos/grafico_encoros.jpg)
Salvo os encoros de Caldas de Reis e Vilagarcía, que están en todo caso a uns bos niveis do 84,91 e 85,52% respectivamente, o resto de encoros de abastecemento presentan niveis de ocupación practicamente do 100%. Os dous de mais capacidade, Cecebre e Eiras, xa acadaron esa ocupación.
Con carácter xeral, incluíndo os encoros de uso hidroeléctrico, a ocupación actual dos mesmos alcanzan o 68,01% que contrasta coa cifra do 73,31% que se tiña no mesmo período do ano pasado e reflexa a paulatina recuperación dos niveis dos encoros máis grandes, que son os hidroeléctricos, tras un inverno moi seco.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia