Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

A conselleira de Facenda izou a bandeira da UE na Xunta con motivo do Día de Europa

A conselleira de Facenda, Elena Muñoz Fonteriz, izou a bandeira da UE nas dependencias centrais da Xunta de Galicia en Santiago de Compostela, en San Caetano, para conmemorar a celebración do Día de Europa.

Por outra banda, o Executivo autonómico difunde un vídeo por este motivo, no que se poden apreciar varios exemplos da boa xestión e investimento dos fondos comunitarios por parte desta comunidade en ámbitos como a educación, a cultura, o medio ambiente e a accesibilidade.

Este vídeo pode visitarse nas web do Goberno galego e da Consellería de Facenda e está presente nos principais edicións dixitais dos xornais da comunidade, así como nas redes sociais.

Está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), no marco do Programa Operativo FEDER de Galicia 2007-2013, con cargo ao Eixe 7 Asistencia técnica e tema prioritario 86, cunha taxa de cofinanciamento do 80%.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia