Feijóo destaca que, pese á crise, a Xunta reforzou a aposta pola rehabilitación
O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, subliñou que, pese á crise e ás restricións económicas, o Goberno galego reforzou a súa aposta pola rehabilitación cun 32% máis de recursos para poder recuperar máis de 2.500 vivendas, “o maior obxectivo fixado para Galicia nos últimos 16 anos”. “Máis recursos para lograr máis obxectivos que permitan a Galicia seguir sendo un referente neste ámbito. Galicia foi pioneira na creación e impulso das áreas de rehabilitación e, hoxe, demostra que quere seguir séndoo”, aseverou.
Durante a sinatura do convenio de colaboración entre Goberno central, Administración autonómica e 31 concellos en materia de rehabilitación, cunha achega de 44,5 millóns de euros de fondos públicos, o que mobilizará un total de investimentos superiores aos 64 millóns de euros; Feijóo resaltou que a comunidade galega foi precursora no desenvolvemento das áreas de rehabilitación, ata o punto de que é a comunidade con máis concellos que contan cunha delas. “Dispoñemos dun total de 56 áreas declaradas en 128 concellos, o que quere dicir que o 40% dos municipios de Galicia teñen a súa propia área de rehabilitación. Estes datos acreditan que Galicia é a primeira comunidade autónoma en áreas de rehabilitación de España”.
Neste sentido, precisou que nalgúns casos como Sober, Vilar de Santos ou Baiona trátase do primeiro convenio que asinan, despois de que recentemente se declarasen as súas áreas. Pola contra, concellos como Santiago, Ferrol ou Ourense asinan o seu décimo convenio nas áreas dos seus cascos históricos.
A todos estes esforzos engádense os propios que fai a Xunta, “e hai poucos días –engadiu Feijóo- asinamos con moitos destes mesmos concellos o acordo polo que se colabora no financiamento das oficinas de rehabilitación, cun papel decisivo no desenvolvemento destas actuacións no seu ámbito”.
Así mesmo, lembrou outros programas de axudas a propietarios e de actuacións directas do Instituto Galego de Vivenda e Solo para a rehabilitación que fan que, só nesta lexislatura, a Xunta leve pagados máis de 73 millóns de euros neste concepto. “Isto significa, empregando as ratios máis comúns do sector, un investimento inducido que acadaría unha cifra de 120 millóns de euros, o que podería supoñer a creación ou mantemento de máis de 6.500 postos de traballo”, resaltou.
Diante destas cifras e nuns tempos difíciles, nos que é preciso aproveitar ao máximo cada euro do público, o responsable autonómico afirmou que a rehabilitación amósase un camiño acertado. “Poucos investimentos públicos teñen unha taxa de retorno tan elevada posto que facilitamos o acceso a unha vivenda digna, recuperamos o patrimonio construído que así o precisa, e mobilizamos o mercado de traballo no sector máis castigado pola crise económica”.
Ao longo da súa intervención, o titular da Xunta resaltou que no fondo interese que Galicia ten desde hai moito tempo pola rehabilitación atópase: un interese dos cidadáns, “como proba o feito de que o impulso á rehabilitación sae dun dos Acordos do Diálogo Social entre os sindicatos e a Xunta”; e un interese das administracións, “como demostran os convenios asinados para xuntar os esforzos do Goberno central, do Goberno autonómico e de tantos Gobernos locais”.
Feijóo concluíu a súa intervención reiterando o aposta do Goberno galego pola rehabilitación e agradecendo que o Goberno central e os concellos se sumen a ela, neste momento de dificultade. “Se ten demostrado que é unha fórmula positiva para dar posibilidades de acceso a unha vivenda aos cidadáns; para revitalizar os nosos cascos históricos e as nosas zonas rurais; que é un instrumento útil para paliar os efectos da crise na construción. En definitiva, posto que é unha fórmula positiva que dá resultados, queremos seguir apostando por ela e queremos facelo aínda con máis forza”.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia