A Xunta destina ata 1,7 millóns de euros a financiar o novo cheque infantil
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou que este ano a Xunta destinará ata 1,7 millóns de euros, un 12 por cento máis, a financiar o novo cheque infantil, que o Goberno galego acordou reformular para que as familias poidan percibilo directamente e elixir libremente o centro no que queren inscribir aos seus fillos e fillas.
En virtude do acordo aprobado polo Consello da Xunta, esta reformulación do cheque infantil presenta unha novidade importante, e é que se outorgará directamente ás familias para que poidan elixir libremente a escola infantil na que queren que estuden os seus fillos e fillas. Serán os pais e nais os que elixan o centro “co diñeiro público, co diñeiro do cheque infantil”, puntualizou o titular da Xunta.
Así pois, tal e como apuntou o presidente, a partir deste ano as familias poderán elixir “sen restricións”, matizou Feijóo, a escola infantil que desexen con este cheque que financia a Xunta de Galicia e cuxa contía percibirán directamente e non a través dos propios centros.
E é que, segundo explicou o presidente, ata o de agora os usuarios que accedían a esta vía só podían acadar unha praza nalgún dos centros adscritos a este programa, que eran os titulares destes financiamentos. Agora, agregou, “serán as familias as que decidan a que escola infantil, financiada con fondos públicos, levan aos seus fillos a través do cheque infantil”.
O mandatario galego sinalou que con este acordo a Xunta dá cumprimento a un obxectivo no que coinciden as tres forzas políticas: dar maiores facilidades ás nais e aos pais para permitir a conciliación da vida familiar e laboral, e contribuír a paliar o problema demográfico estrutural que ten Galicia desde hai décadas.
“Seguimos apostando en plena crise económica polas escolas infantís”, enfatizou o mandatario galego, que precisou que no que vai de lexislatura a Xunta creou 2.400 novas prazas financiadas con fondos públicos, o que supón, dixo, un incremento do 45 por cento con respecto á lexislatura anterior.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia