O proxecto de Fogar Dixital Asistencial permitirá facer seguementos en tempo real
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou que o proxecto Fogar Dixital Asistencial, dotado con máis de 3,5 millóns de euros, permitirá a implantación de dispositivos nos fogares dos pacientes crónicos para enviar, en tempo real, información ao seu hospital de referencia sobre o seu estado de saúde. “Significa trasladar a infraestrutura sanitaria aos fogares dos galegos que padezan patoloxías crónicas e que precisen facer un seguimento continúo do seu estado de saúde. É como ter monotorizado a un paciente que necesita mandar información permanente ao seu hospital, tanto desde o punto de vista cardiolóxico, diabético ou calquera outro tipo de patoloxía crónica”, explicou.
Logo de destacar que no consorcio do proxecto participan “R”, outras empresas galegas, universidades galegas e un centro hospitalario, Feijóo cualificou o Fogar Dixital Asistencial como un proxecto tecnolóxico “de extraordinaria importancia social”, que supón dar máis sanidade a un custe menor; “un proxecto –engadiu- co que Galicia se adianta ao resto das comunidades”.
O responsable autonómico explicou que esta iniciativa atópase dentro do proxecto Fogar Dixital, un dos 26 proxectos que teñen un financiamento por parte de fondos europeos e fondos da Xunta, no programa Feder-Innterconecta. “Vinte e seis proxectos que están mobilizando 60 millóns de euros e nos que están 106 empresas galegas. Unha das maiores apostas, sen dúbida, en materia tecnolóxica que nunca se fixo na comunidade e que se veñen a sumar aos 90 millóns de euros que estamos investindo en todo o que se refire á Galicia Saúde, tanto Innova Saúde como Hospital 2050”.
Durante a súa intervención, Feijóo aseverou que a redefinición dun modelo económico pasa por conquerir un territorio competitivo, “un territorio que poda diminuír os custes das empresas, facilitar a conectividade dos fogares e que é capaz de competir co resto dos territorios dos países máis avanzados do mundo”.
E, neste sentido, subliñou o compromiso do Goberno galego coas infraestruturas tecnolóxicas, reflectido na Axenda Dixital 2014.gal, “un compromiso –lembrou- de 1.600 millóns de euros, porque entendemos que priorizar neste momento as infraestruturas tecnolóxicas é necesario. Sen dúbida, están fortalecendo a nosa economía e están preparando a unha Galicia do futuro fronte a novos modelos de crecemento económico”.
Así mesmo, referiuse ao proxecto principal da Axenda Dixital 2014.gal, o Plan de Banda Larga 2010-2013, que ten como obxectivo garantir a conexión de internet de nova xeración á inmensa maioría dos fogares galegos e asegurar a banda larga, con independencia e con distintas calidades, ao 100% do territorio da comunidade. “Dentro deste obxectivo temos un específico, que é a banda larga con calidade de 100 Megas. Neste ano 2012, preto de 1 millón de galegos dispoñen de acceso a banda larga de 100 Megas. E o obxectivo é que a finais de 2013, 1,3 millóns de galegos teñan acceso a redes de 100 Megas”.
Así mesmo, o titular da Xunta asegurou que esta idea de despregar banda larga na comunidade está reflectida na primeira Lei de Telecomunicacións de Galicia, “que o Goberno galego aprobou e remitiu ao Parlamento e coa que apostamos por un novo concepto das telecomunicacións”.
“As telecomunicacións teñen que ser un servizo público como é a auga, o abastecemento ou a luz eléctrica. As telecomunicacións, na Galicia do futuro teñen que ser un servizo público e isto significa: compromisos para as administracións públicas e, por exemplo, que en todos os edificios públicos que se constrúan na comunidade teñan que ter previstas infraestruturas tecnolóxicas; que todas as infraestruturas viarias que a Xunta execute teñan que ter unhas canles por onde circulen as tecnoloxías e a fibra; e significa que, en todas as vivendas novas que se fagan, a partir da entrada en vigor da lei, teñen que estar preparadas para construír un fogar dixital”.
Diante deste panorama, Feijóo concluíu afirmando que, no ano 2014, cando finalice a Axenda Dixital, “estaremos nunha posición de competitividade da nosa economía, onde Galicia estará na vangarda da tecnoloxía, non só desde o punto de vista da cobertura do territorio, senón desde o punto de vista dos servizos”.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia