Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Galicia pon en marcha o teléfono europeo de Axuda á Infancia atendido por expertos

O novo teléfono de axuda á infancia entrou en marcha en Galicia. Esta decisión deriva da Comisión das Comunidades Europeas co obxecto de harmonizar en toda Europa os servizos de interese social. O seu obxectivo é que a liña de axuda á infancia teña acceso a través do mesmo número de teléfono en toda Europa.

Este número substitúe o empregado ata agora pero, ao igual que ocorría co número anterior, será un servizo gratuíto para o chamante e accesible desde todo o territorio de Galicia. O mesmo funcionará as 24 horas do día e estará atendido por persoal especializado no asesoramento e intervención ante situacións de desprotección da infancia.

Os seus obxectivos son proporcionar axuda aos nenos necesitados de coidados e protección suministrándolles servizos e recursos tendentes a satisfacer as súas necesidades; e dar oportunidade de que os nenos poidan expresar libremente as súas preocupacións, de falar sobre problemas que lles afecten directamente e de avisar a alguén que poida proporcionarlle axuda en caso de urxencia.

A Comisión das Comunidades Europeas adoptou en 2007 a decisión de reservar a numeración 116 para a prestación de servizos harmonizados de interese social e en 2010 decidiuse adxudicar o número 116111 ao servizo de liña de axuda á infancia para todo o territorio nacional.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia