Unha campaña de identificación do bonito do norte galego promociona o producto en Galicia e fóra
A delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, presentou no porto de Burela a nova edición da campaña Faino Bonito, que este ano distribuirá nos puntos de venda preto de 63.000 folletos e carteis, e deixará nas principais lonxas galegas de descarga de bonito do norte 380.000 precintos para identificar o produto.
Raquel Arias explicou que a campaña, que promove a Consellería do Medio Rural e do Mar, ten por obxecto “fomentar o consumo de bonito do norte fresco agora que nos atopamos en plena campaña de capturas” xa que, engadiu, este produto “combina valores nutricionais e culinarios para o consumidor e valores económicos para o sector pesqueiro”.
Ao respecto, lembrou que a lonxa de Burela é a que presenta un maior volume de descargas de bonito de norte –segundo as campañas, pode roldar o 70% do total-, seguida polas de A Coruña, Celeiro e Vigo, por esta orde.
Os portos galegos descargaron a pasada campaña 1,6 millóns de quilos de bonito do norte, que xeraron un movemento económico de 8.055.742 euros. O 72,4% dos quilos descargados e preto do 74% do volume económico corresponden aos portos mariñaos de Burela e Celeiro. En concreto, Burela achegou máis de 975.000 quilos e 4,9 millóns de euros de volume de negocio.
O bonito do norte que traen os pescadores galegos, afirmou a delegada, “é un produto de primeira calidade, capturado un a un con artes moi selectivas, o que significa que se practica unha pesca sostible, con claros beneficios medioambientais”.
É importante, engadiu, “que os consumidores coñezan a procedencia e os valores deste produto pescado con artes tradicionais”, e para elo “cada peza que sae das lonxas galegas ten un precinto de garantía”.
O distintivo consiste nunha etiqueta de cor verde suxeita á cola do animal, que leva un número de serie, a lenda que o identifica como bonito do norte, así como a lonxa na que foi descargado. A Secretaría Xeral do Mar distribuíu 380.000 precintos entre as lonxas citadas, a meirande parte deles destinados á de Burela.
Polo que respecta ao material promocional, a Xunta repartiu 61.900 folletos con receitas e 1.000 carteis para distribuír entre os consumidores nos puntos de venda, tanto galegos como doutros puntos de España.
No acto de presentación da campaña Faino bonito participaron tamén o alcalde de Burela, José María González Barcia; o xefe de coordinación do departamento de Mar, Pablo Fernández Asensio; o subdirector xeral de Pesca e Mercados da Pesca, Antonio Rodríguez Fernández, e os xerentes das lonxas de Burela e Celeiro, Miguel Neira e Alberto Parga, respectivamente.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia