Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

A agricultura ecolóxica galega xenera productos por valor de 22 millóns de euros

A pesares da situación económica adversa, a agricultura ecolóxica galega rexistrou ó longo do ano 2011 un importante incremento. Segundo datos presentados polo seu presidente, José Antonio Fernández onte ó longo dun almorzó cos medios de comunicación en A Coruña, o Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA) certificou nese ano produtos por valor de 22 millóns de euros, o que supón un incremento do 28% con respecto dos certificados no ano 2010.

Segundo José Antonio Fernández, “as cifras avalan a viabilidade da agricultura ecolóxica como un sector de futuro, capaz de xerar crecemento económico mesmo nunhas condicións tan complexas como as actuais”. Segundo Fernández, os productos ecolóxicos desenvolven unha importante labor social, xa que axudan a loitar “contra tres dos problemas máis grandes de Galicia. Axudan a evitar os lumes forestais ó poñer en explotación e cuidar superficie rural, axudan a frear a despoboación do agro e xeneran máis emprego xa que as súas labouras especializadas requiren máis mano de obra”. O presidente de CRAEGA presentou ós medios as cifras actualizadas da actividade do Consello, que conta cun total de perto de 586 produtores e elaboradores inscritos e con máis de 15.000 hectáreas adicadas a agricultura ecolóxica na nosa comunidade autónoma.

O secretario de CRAEGA, Javier García, analizou a actualidade por sectores productivos e a evolución da actividade ó longo do pasado ejercicio.

Neste senso, e ademáis do incremento do valor dos productos económicos, Javier Garcia sinalou o peso de Galicia en determinados sectores da producción ecolóxica “como e o caso do leite, no que Galicia conta con 36 das 74 granxas leiteiras ecolóxicas que existen en España”. Tamén sinalou que Galicia é líder na producción de productos avícolas ecolóxicos, e destacou a boa marcha dos produtos ecolóxicos mariños, unha liña de creación recente. “O Consello conta con dez bateas de mexilón certificadas e outras 50 pendentes, e hai tamén duas conserverías de mexilón ecolóxico”. Esto unido a proxectos como unha factoría de producción ecolóxica de troita o a certificación dun parque marisqueiro levaron a García a considerar que “o subsector acuícola pode ser un dos que teña máis peso no futuro dos productos ecolóxicos”.

Por provincias, Lugo e Ourense encabezan a superficie adicada a producción ecolóxica, con 5.700 e 6660 hectareas respectivamente. No que atinxe ó valor dos productos producidos, Lugo repite en cabeza con 9 millóns de euros, seguid de Pontevedra, que factura produtos por valor de 6 millóns.
Consello Regulador Agricultura Ecolóxica Galicia