Benestar pon en marcha o Gabinete de Orientación Familiar Virtual
A Consellería de Traballo e Benestar puxo en marcha o novo servizo ‘online’ de información e asesoramento destinado ás familias galegas, o Gabinete de Orientación Familiar (GOF) virtual.
Este novo servizo ‘online’ aloxase na páxina web http://www.familiasgalegas.org/, nun novo espazo denominado Gabinetes de Orientación Familiar, dentro do menú principal. Neste apartado, ademais de explicar que é a orientación e apoio familiar, os niveis de actuación e o seu obxectivo, aparecerán unha serie de ligazóns, sendo a primeira o espazo destinado ao GOF virtual, onde calquera persoa poderá demandar calquera información sobre o eido da familia e a infancia.
Este servizo ‘online’ proporcionará ás familias ou calquera persoa interesada, de maneira gratuíta, información e asesoramento sobre diversas cuestións, como servizos, recursos sociais, programas, disposicións legais, por parte de persoas profesionais especializadas no ámbito da familia e a infancia.
Non obstante, compre salientar que nunca dará directrices técnicas sobre pautas de comportamento ou habilidades concretas. Nestes casos, sempre terá que por ao usuario en contacto co servizo correspondente para abordar con profundidade e de xeito presencial o problema. As respostas proporcionadas a través desta consulta terán carácter informativo e non efectos vinculantes para a Administración.
Para atender este recurso ‘online’, cóntase coa colaboración do GOF de Lugo, que será o encargado de responder, dun xeito claro e preciso, sobre a normativa, os recursos, os programas ou calquera outra información relativa ao este ámbito de actuación, que poda ser relevante para a persoa demandante de información, proporcionándolle unha visión xeral das opcións dispoñibles.
O servizo ‘online’ é anónimo, os usuarios unicamente necesitan seleccionar o sexo e a idade segundo tramos, e indicar o enderezo de correo electrónico onde desexan recibir a contestación, o que permitirá tamén extraer estatísticas e conclusións sobre as necesidades e demandas das familias galegas e das persoas que as compoñen, segundo as variables descritas.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia