Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

O Concello de Ourense dará formación a máis de 300 desempregados a través de 17 cursos no marco do proxecto “Ourense Inserta”

Os obxectivos de “Ourense inserta” son fomentar a creación de emprego na cidade, impulsar o autoemprego e a capacidade emprendedora, elevar os niveis de cualificación de persoas desempregadas, ao tempo que potenciar o diálogo entre axentes sociais, económicos e políticos da cidade para coordinar actuacións e aunar esforzos, a través do Pacto Local polo Emprego.

A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá a suscripción dun convenio coa Consellería de Traballo para homologar 12 dos itinerarios integrados de inserción sociolaboral dos 17 dos que consta o proxecto “Ourense Inserta”

Os itinerarios de formación e inserción sociolaboral deben ser entendidos como un conxunto de actuacións dirixidas a favorecer o acceso a un posto de traballo de demandantes de emprego, con accións de formación específica, práctica en empresas e orientación laboral.

12 dos itinerarios impartidos no proxecto “Ourense Inserta” serán acreditados con certificados de profesionalidade gracias á suscripción dun convenio entre o Concello de Ourense e a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Traballo e Benestar, para que os alumnos que participarán nos cursos impartidos pola Concellería de Emprego do Concello que finalicen o programa cunha avaliación positiva en tódolos módulos formativos e poida acceder á expedición dun certificado académico.

O obxectivo do Concello é proporcionar ás persoas que participen no proxecto unha cualificación profesional que lles permita acceder con mellores condicións ao mercado laboral.

Itinerarios integrados de inserción sociolaboral

Os cursos que solicitan o recoñecemento coma estudos oficiais e certificado de profesionalidade son:

- 2 cursos de limpeza de superficies e mobiliario en edificios e locais de nivel 1
- 1 Curso de operacións básicas de cociña de nivel 1
- 1 Curso de Operacións básicas de restaurante e bar de nivel 1
- 2 Cursos de Atención sociosanitaria a persoas en domicilio de nivel 2
- 2 Cursos de Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais de nivel 2
- 2 Cursos de Instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes de nivel 2
- 2 Cursos de Xestión de residuos urbanos e industriais de nivel 2

A maiores está prevista a realización doutros 5 itinerarios de formación e inserción profesional sen certificado de profesionalidade:
- 1 curso de animador xerontolóxico
- 2 cursos de Atención especializada a enfermos de Alzheimer
- 2 cursos de coidador de discapacitados físicos e psíquicos

Tódolos cursos incluirán contidos transversais en materia de igualdade de oportunidades, novas tecnoloxías, sensibilización medioambiental, fomento da non discriminación e loita contra a exclusión social. O programa inclúe titorías individualizadas ou grupais e acompañamento e orientación laboral durante todo o proceso.

Como novidade, incorpórase un cursos de formación complementaria de cara á preparación das competencias claves comúns para o acceso aos certificados de profesionalidade de nivel 2.

Formación a 330 desempregados

“Ourense inserta” dará formación a un total de 330 persoas. Os destinatarios deberán ser persoas desempregadas inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego, empadroadas no Concello de Ourense.

Os participantes poderán acceder a unha beca económica que axuda a reforzar a participación e a súa situación persoal.

O proxecto ten unha duración de 30 meses e suporá un investimento total de 1.387.953,93 €, dos que o Fondo Social Europeo achegará o 80% (1.110.363,14 €) e o Concello o 20% (277.590,79 €).
Concello de Ourense