Localizan un novo petróglifo no monte de Lourizán (Pontevedra)
O veciño de Lourizán púxoo en coñecemento da xunta rectora da Comunidade de Montes de Lourizán, da Comisión Técnica do Espazo Natural e Arqueolóxica dos Sete Camiños, e da Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA). Os membros da xunta rectora da Comunidade de Montes manifestaron a súa alegría porque consideran que todo o que sexa aumentar o patrimonio cultural, supón aumentar a riqueza da parroquia e da comunidade de montes. Por outra banda, tanto a Comisión Técnica do Espazo Natural e Arqueolóxica dos Sete Camiños como a SAGA tamén expresaron a súa ledicia porque este novo xacemento vén a engrosar a longa lista de elementos patrimoniais do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños.
Tamén lle foi comunicado á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural que enviou un técnico para catalogar o xacemento.
Este petróglifo súmase ó que fai unhas semanas atopara o antropólogo Rafael Quintía, o Petróglifo da Pedra Escorregadoiro, tamén en terreos da Comunidade de Montes de Lourizán, e vén a confirmar, unha vez máis, a alta densidade de xacementos arqueolóxicos e a riqueza patrimonial do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños.
Os gravados rupestres teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC), polo que o Concello de Pontevedra suma un novo BIC á súa lista.

Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños