Comeza o curso en infantil e primaria con normalidade, según Educación
![](http://www.galiciadigital.com/images/notas/fotos/alumnos_ninos_aula_2.jpg)
No caso da Delegación Territorial da Xunta en Pontevedra foron 12.932 os alumnos e alumnas que comezaron hoxe as clases en Infantil e 25.340 en Primaria. Cómpre destacar que ditos datos son provisionais e que varían ao longo do curso.
Da ausencia de incidencias deu conta o xefe territorial de Educación en Pontevedra, César Pérez Ares que estivo nas primeiras horas do curso no CEIP A Xunqueira II, na cidade do Lérez, onde puido comprobar o remate das obras de mellora de aulas, baños, aseos e cuartos de limpeza, uns traballos que tiveron un orzamento de 57.000 euros. Posteriormente, tamén visitou o colexio Campolongo e o EEI Crespo Rivas, tamén en Pontevedra, onde se acaban de investir case 10.000 euros para a reforma e aproveitamento de espazos en catro aulas do centro.
Educación Infantil
Segundo os datos provisionais da Xunta de Galicia, 12.932 alumnos e alumnas de educación infantil comezaron hoxe o curso. Deles, 2.785 están matriculados en Pontevedra cidade, 1.084 en Vilagarcía de Arousa, 593 en Tui, 475 en Lalín, 705 en Marín 796 en Ponteareas, 524 en Sanxenxo, 415 en Cambados, 490 en Poio e 476 na Estrada.
En canto a incidencias neste eido educativo, César Pérez Ares, destacou a total normalidade, salvo no CEIP Rosalía de Castro de O Grove onde os pais decidiron non enviar a clase aos nenos de Infantil. “O centro e os profesores estaban abertos para recibilos con total normalidade. A presenza de material no pavillón do centro non afecta ao normal funcionamento do mesmo e é unha cuestión allea a nosa competencia. O concello xa está a traballar para que a total normalidade regrese ao colexio”, explicou.
Educación Primaria
Por outra banda, as mesmas previsións que manexa a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, indican que e 25.340 alumnos e alumnas tamén comezaron as clases de educación primaria no ámbito da Delegación Territorial da Xunta en Pontevedra.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia