Clausuradas as XXVI Xornadas Penitenciarias Lucenses

Na súa intervención, Mario Outeiro puxo en valor o traballo levado a cabo por este colectivo a prol da reintegración social daquelas persoas que unha vez cumpriron unha condena e que agora teñen como reto refacer a súa vida, destacando que “a asociación Concepción Arenal fai un traballo de tremenda importancia para achegar á sociedade e aos colectivos vencellados ao traballo coa poboación penitenciaria toda a información relacionada cos temas de máxima actualidade tanto no eido lexislativo como no xurídico”.
Entrega de medallas Concepción Arenal
Na xornada fíxose entrega das medallas Concepción Arenal, que entrega a Asociación Penitenciaria do mesmo nome. Unha delas foille outorgada a Mario Outeiro, en agradecemento pola colaboración prestada pola área de Cultura da Deputación de Lugo de cara á organización destas xornadas, que se realizan co obxectivo principal de expoñer unha temática actual encadrada no mundo penitenciario, xurídico e penal desde o punto de vista dos profesionais ou estudosos do tema, que contan con unha experiencia demostrable nos relatorios que defenden.
Gabinete de Comunicación da Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo