O Centro de Proceso de Datos Integral implicará un aforro de 3 millóns anuais
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou que a entrada en funcionamento do Centro de Proceso de Datos Integral da Xunta de Galicia suporá un aforro de tres millóns de euros ao ano para a administración. En termos de lexislatura, o aforro ascende a 12 millóns de euros o que, segundo o presidente, permitirá “a amortización da totalidade” do edificio que o Centro ocupa na Cidade da Cultura.
Trátase dun centro único de proceso de datos que garante o soporte necesario para levar a cabo “todas e cada unha das estratexias da Axenda Dixital de Galicia aprobadas polo Goberno da Xunta”. “Esta semana procedemos ao acendido do corazón dixital de Galicia para dotarnos dunha plataforma tecnolóxica imprescindible para cumprir a Axenda Dixital de Galicia”, recalcou Feijóo na rolda de prensa tras a reunión do Consello da Xunta.
O presidente da Xunta insistiu en que as esixencias e o cumprimento dos obxectivos da dita Axenda Dixital requiren dunha plataforma “única e completa” que lle de soporte. “Necesitábamos adaptar Galicia á ampla gama de posibilidades que ofrece a tecnoloxía nesta primeira parte do século XXI. Necesitábamos garantir servizos públicos dixitais e necesitábamos facer da administración unha porta aberta as 24 horas os 365 días ó ano. Necesitábamos superar a situación actual, que é heteroxénea, ineficaz, cara e insuficiente”, recalcou.
Agora, co novo Centro de proceso de Datos Integral ubicado na Cidade da Cultura, mellórase o consumo eléctrico, os gastos de mantemento e a eficiencia. Concretamente, Feijóo cifrou nun 27 por cento o aforro dos custes enerxéticos dos centros actuais, nun 30 por cento as necesidades de investimento en tecnoloxía e noutro 30 por cento as necesidades de mantemento da tecnoloxía. Cómpre lembrar que a Xunta dispón actualmente de 80 Centros de Procesos de Datos “que agora se consolidan en un, e máis do 90% deses 80 centros dispersos xa non tiña capacidade de crecemento”. Segundo o presidente, nestes centros existían problemas de refrixeración, ineficiencias enerxéticas e de mantemento.
Trátase, polo tanto, dunha plataforma “única, máis segura e máis sinxela” que da unha “resposta única e completa completa a máis de 1.260 centros administrativos, 1.400 centros educativos, 600 centros sanitarios , 322 entidades xudiciais e 1.500 oficinas de farmacia”, concretou Feijóo. “Máis de 90.000 empregados públicos dos departamentos da Xunta de Galicia dependentes da administración autonómica terán os seus servidores na Cidade da Cultura. Tamén daremos servizo a outras entidades públicas cando o requiran ou cando conveniemos, con deputacións e concellos. En xeral daremos servizos ós 2,8 millóns de galegos e galegas da Comunidade”, engadiu.
O Centro de Proceso de Datos –que ocupa 20.000 metros cadrados- entrou en funcionamento con “total normalidade” prestando os primeiros servizos da web institucional da Xunta de Galicia e os servizos do DOG e “de xeito paulatino xestionará case 3.000 aplicacións en 2.000 servidores informáticos”, dixo Feijóo. Iníciase así un proceso que estará consolidado nun prazo máximo de dous anos.
Así mesmo, o presidente avanzou que todo o persoal da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia se trasladará proximamente a este Centro de Datos, o que repercutirá nun aforro dos custes dos alugueres, xa que as as dependencias da Axencia quedarán dispoñibles para outras oficinas da Xunta.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia