El Cairo 678, gañadora da Sección Oficial da Semana de Cine de Lugo 2012
![](http://www.galiciadigital.com/images/notas/fotos/semana_cine_lugo_2012_2.jpg)
O Premio de MELLOR PELÍCULA da sección oficial, votado polo público (A votación era de entre 0 e 3 puntos) recaíu na exipcia EL CAIRO 678 de Mohamed Diab, cunha puntuación media de 2,71. En segundo lugar, quedou LA FUENTE DE LAS MUJERES de Radu Mihaileanu, con 2,69. Seguíunas a xaponesa KISEKI (EL MILAGRO) dirixida por Hirokazu Kore-eda con 2,09. En cuarto lugar quedou CAIRO TIME de Rubba Neda cunha puntuación de 1,89. LAS MALAS HIERBAS de Alain Resnais quedou en quinto lugar cunha media de 1,35. E a película do veterano director portugués Manuel de Oliveira EL EXTRAÑO CASO DE ANGELICA clasificouse en sexto lugar cunha puntuación media de 1,22.
O público tamén elixíu a MELLOR CURTA dentro da sección “As curtas tamén son cine”, outorgando o premio a PUERTA CON PUERTA de Ricardo Fernández (Bilbao, 1979), cunha puntuación de 4,44. (A votación era de 0 a 5). Seguirona POSTURAS de Álvaro Oliva (Santander, 1980) con 4,23, CIELO ROJO AL AMANECER de Julio de la Fuente (Asturias, 1961) con 4,04 e LA MUJER DEL HATILLO GRIS de Luís Trapiello (Mieres-Asturias, 1967) con 4,00.
Rematada a XXXIV Semana Internacional de Cine de Autor, o Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá, quere facer constar o seu agradecemento ás entidades copatrocinadoras: Deputación Provincial, Concello de Lugo, Xunta de Galicia, Universidade-Campus de Lugo e Fundación Caixa Galicia, polo seu apoio; ao grupo Achádego polo magnífico traballo desenvolvido ao longo das Semana irmandando teatro e cine, e ao público lucense polo seu apoio de tantos anos participando na semana e animándonos no labor de facer que a terceira semana de setembro se convirta nunha semana ¡De Cine!.
Fotografía: Carlos Rodríguez Arias (sesión inaugural).
Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá