A Cidade da Cultura, sede do primeiro Econtro Ibérico de casas museo de escritores
A Cidade da Cultura de Galicia acollerá o mes de outubro o I Encontro Ibérico de Casas Museos, unha iniciativa que conta coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación, a través da Secretaría Xeral de Cultura. Será neste marco onde se materializará a constitución da Asociación Ibérica das Casas Museo de Escritores, unha iniciativa pioneira que integrará entidades de Portugal e do conxunto do Estado español.
Segundo explicou en rolda de prensa o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, “esta iniciativa nova nace coa pretensión de ampliar a difusión dos escritores e das súas obras no ámbito ibérico e de favorecer o intercambio de experiencias e o diálogo entre as casas museo e as fundacións de autor dos dous países”.
O secretario xeral estivo acompañado no acto de presentación pola directora-xerente da Fundación Cidade da Cultura, Beatriz González Loroño; polo técnico de Cultura e membro da Xunta de Goberno da Asociación de Casas Museos e Fundacións de Escritores (ACAMFE) Antonio Piñeiro e mais polo actual presidente da Fundación Curros Enríquez – Casa dos Poetas, Antonio Mouriño.
Maior proxección para os nosos escritores
“Constitúe para nós –dixo o secretario xeral– unha honra que sexan as casas museo de Galicia, escaparates e espazos de preservación e estudo dos nosos mellores escritores, as que lideren esta iniciativa”. Tamén destacou que “acoller en Galicia, e particularmente na Cidade da Cultura, a constitución da primeira asociación que une as casas museo de Portugal e do conxunto do Estado, contribuirá tamén a reforzar o papel activo das nosas casas museo e, en consecuencia, a unha maior proxección dos nosos escritores xa clásicos”.
Antonio Piñeiro informou de que a ACAMFE leva dous anos traballando, en colaboración coas casas museo de Portugal, para poder materializar a constitución da asociación. Respecto do encontro, indicou que nestes momentos está confirmada a participación de preto de 50 entidades.
Nesta ampliada perspectiva ibérica no plano da difusión cultural vai ter lugar do 9 ao 13 de outubro o I Congreso Ibérico de Casas Museo, un primeiro punto de encontro das casas museo dos dous países, que terá como sedes as cidades de Santiago de Compostela, Vila Nova de Famalicão e Guimarae͂s e que contará co apoio e co acompañamento institucional da Consellería de Cultura e Educación.
Diversos relatorios, roteiros literarios e visitas a espazos culturais, entre outras actividades, conformarán o programa do encontro, no que estarán representandas entidades e institucións como o Consello da Cultura Galega, a Real Academia Galega ou a Casa Museo de Rosalía de Castro.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia