O fogar dixital mellorará a calidade de vida dos galegos
A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, inaugurou a xornada de presentación da “Guía práctica para a implantación do Fogar e o Edificio Dixital”, elaborada pola Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación en colaboración coa Axencia.
Trátase dun documento-marco, que servirá de referencia a todos os sectores involucrados no seu desenvolvemento e implantación do Fogar Dixital, como arquitectos, promotores, construtores, técnicos municipais, instaladores, provedores de servizo e enxeñeiros de telecomunicacións, entre outros.
A responsable da política tecnolóxica da Xunta destacou na súa intervención que a inclusión da tecnoloxía dixital nos fogares proporciona unha multitude de beneficios e vantaxes que serían inalcanzables nunha vivenda tradicional. A directora da Axencia destacou que Galicia é a primeira Comunidade que está a tramitar unha Lei de Telecomunicacións que obrigará a inclusión dos elementos necesarios para o desenvolvemento do Fogar Dixital en vivendas de nova construción.
Pereira fixo fincapé en que o progreso e as melloras non recaen unicamente no cidadán, senón que os profesionais implicados tamén verán traducidos os seus esforzos en progreso para os seus sectores.
Neste sentido indicou que na implantación do Edificio e Fogar Dixital conflúen diferentes sectores como o das telecomunicacións, a enerxía, a seguridade ou a electrónica, entre outros. Así pois, para a posta en marcha deste novo concepto requírese o traballo conxunto e coordinado de todos os axentes que representan as diferentes áreas.
Arquitectos, promotores, construtores, técnicos municipais, instaladores, provedores de servizo, enxeñeiros de telecomunicacións, ... estes son algúns dos axentes implicados na dixitalización dos fogares, imprescindibles todos eles para acadar un paso máis na modernización da Comunidade e na calidade de vida dos galegos.
Mar Pereira destacou que para estes sectores, a implantación de tecnoloxías dixitais nas vivendas é un elemento fundamental para o desenvolvemento de servizos avanzados que conforman un claro motor de dinamización e de desenvolvemento do sector tecnolóxico de Galicia.
Servizos no fogar
Dende o punto de vista da Administración autonómica, a directora da Axencia destacou que un dos beneficios máis importantes do Fogar Dixital é achegar os servizos públicos que ofrece a administración ao domicilio dos cidadáns. Un exemplo é a prestación de servizos relacionados coa saúde no fogar que complementan a atención presencial prestada nos centros sanitarios.
Estes servizos van dirixidos principalmente ás persoas con algún tipo de dependencia, como o colectivo da terceira idade, os discapacitados ou os enfermos crónicos, na medida en que lles permiten o control da contorna e favorecen o desenvolvemento das actividades que realizan a diario dun xeito máis seguro e eficaz.
Ademais destas prestación o Fogar Dixital permitirá o desenvolvemento doutros servizos de valor engadido nas vivendas, ben sexan educativos, asistenciais, de aforro enerxético, de lecer ou de información.
A banda larga, infraestrutura chave de futuros servizos dixitais
Na súa intervención Mar Pereira recordou que o elemento que sirve de base e sustento para os servizos do Fogar Dixital son as infraestruturas de telecomunicación. Un ámbito no que a Xunta de Galicia, fixo un importante esforzo nos dous últimos anos coa posta en marcha do Plan de Banda larga para dotar de cobertura a todos os galegos en 2013.
.
Actualmente xa están en marcha todas as actuacións de despregamento de redes de telecomunicación que permitirán acadar os obxectivos do Plan. Neste senso, a día de hoxe xa se acadou o 92,5% de galegos con cobertura de banda larga de calidade grazas ao Plan da Xunta.
Tamén se están a despregar redes de nova xeración que permiten velocidades de 100Mbps e o acceso a novos e máis avanzados servizos da Sociedade da Información que son fundamentais para aumentar a produtividade e mellorar a competitividade das nosas empresas e chave para servizos como os que prevé o Fogar Dixital.
A este respecto, a día de hoxe máis de 1 millón de galegos xa dispoñen de acceso a redes NGAs. Isto quere dicir que, xa se dotou de cobertura de redes de 100Mbps máis do 75% da poboación obxectivo. A nosa comunidade e das primeiras de Europa que están a incentivar o despregamento destas redes seguindo as directrices da Axenda Dixital Europea.
Finalmente, a directora da Axencia destacou que esas redes ultrarápidas serán tamén a base dos primeiros pilotos do que son as chamadas “cidades intelixentes” ou Smart Cities, onde todas as constantes vitais urbanas estarán baixo control de forma remota e automática.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia