Feijóo di que a Axencia Tributaria de Galicia, que comezará a funcionar en xaneiro de 2013, será máis eficaz na loita contra o fraude fiscal
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou, en rolda de prensa, a aprobación no Consello da Xunta do decreto polo que se crea a Axencia Tributaria de Galicia, que comezará a funcionar en xaneiro de 2013, e que permitirá ser máis eficaces na prevención contra o fraude fiscal, prestar mellor servizo aos contribuíntes e un aforro, no que se refire a gastos de xestión, de 15 millóns de euros en catro anos.
O titular da Xunta explicou que coa creación da Axencia Tributaria de Galicia hai un triplo exercicio por parte da administración pública: un exercicio de austeridade e de simplificación administrativa, “xa que esta axencia vai asumir a Dirección xeral de Tributos, cinco departamentos territoriais, cinco zonas de recadación e as 42 oficinas liquidadoras de impostos”; un exercicio de especialización, “porque vamos a seguir potenciando as ofertas públicas de emprego de escalas superiores e técnicas de finanzas da comunidade autónoma”; e hai un exercicio de coordinación, “dado que aglutinaremos todas as funcións tributarias relativas aos impostos propios ou cedidos da comunidade en todas as súas fases: liquidación, xestión, inspección e recadación”.
“Polo tanto, estas novas tecnoloxías poderán facilitar a autoliquidación vía telemática e poderá facilitar o pago de impostos a través de internet”, explicou, logo de destacar un dobre beneficio: fortalecer o cumprimento tributario a través da loita contra o fraude fiscal, tamén, actuacións tendentes a inducir o pago voluntario sen recargo; e poñer en marcha un sistema completo de asistencia ao contribuínte, asesorar ao contribuínte para que poda pagar os impostos como un contribuínte responsable reducindo ao mínimo a burocracia”.
Feijóo aseverou que se manterán os mesmos servizos aos contribuíntes, polo que as 42 oficinas liquidadoras de distrito hipotecario situadas nos rexistros da propiedade seguirán admitindo documentación. “Polo tanto, calquera cidadán pode ir ao seu rexistro a presentar a documentación e o que imos facer é que esa documentación vai ser visada, supervisada e inspeccionada exclusivamente pola Axencia Tributaria”.
Deste xeito, o responsable do Goberno galego afirmou que Galicia pasa de ter un entramado administrativo complexo, susceptible de mellora na xestión dos tributos, a ter unha única Axencia Tributaria de Galicia. “O obxectivo é intentar non subir os impostos e intentar que todos paguen os impostos”, asegurou, despois de precisar que, no ano 2011, detectáronse 225 millóns de euros de presunto fraude fiscal, o que supón un 28,5% máis que no ano 2009; e a débeda media descuberta por acta aumentou de maneira moi considerable, máis do 100% entre finais da anterior lexislatura e desta, ao pasar de 15.900 euros a 35.900 euros.
Así mesmo, subliñou que a Xunta de Galicia concedeu, nesta lexislatura, aprazamentos por 62 millóns de euros, un 50% máis que na lexislatura anterior, para facilitar o pagamento a empresas e familias.
Feijóo afirmou que os datos acreditan que durante estes anos a Dirección xeral de Tributos e a Consellería de Facenda cumpriron o seu deber de finalizar a lexislatura sen subir impostos e de finalizar a lexislatura como a segunda comunidade autónoma onde menos caeu a recadación por impostos propios e cedidos. “Sen subir impostos recadamos máis porque todos pagamos máis”, concluíu.
Incrementar a competitividade dos centros tecnolóxicos de referencia
Así mesmo, Feijóo destacou a aprobación dun investimento de 10 millóns de euros nos centros tecnolóxicos ANFACO e AIMEN, entidades de referencia en I+D+i nos sectores da conserva e da metalurxia, respectivamente.
O maior investimento correspóndelle á construción por parte de ANFACO dun novo centro de tecnoloxías avanzadas de investigación para a industria mariña e alimentaria e o seu equipamento. Con este fin destinaranse 8,4 millóns dos cales, 6,7 proceden de fondos europeos.
“O centro tecnolóxico está situado en Vigo e se trata de facer fronte aos novos retos do mercado e que a industria galega deste sector, líder en España, non só non perda competitividade senón que a aumente”.
O resto do investimento aprobado estará destinado ao equipamento do que será o maior centro de aplicacións láser de España, promovido por AIMEN e que entrará en funcionamento a finais deste ano, na localidade pontevedresa do Porriño. “A construción desta nova infraestrutura xa foi obxecto dun investimento inicial de 10 millóns e, agora, hai que equipala. Isto permitirá incrementar a súa capacidade tecnolóxica cunha media de 100 proxectos executados cada ano”.
A misión do centro de aplicacións láser será o procesamento dos materiais tanto metálicos como non metálicos, tales como téxtiles, plásticos, caucho, cerámica, vidro, composites e novos materiais.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia