A Xunta pagou nos últimos dous meses e medio case 1500 millóns de euros en facturas
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, informou de que o Goberno galego leva pagados nos últimos dous meses case 1.500 millóns de euros en facturas e especificou que se deu prioridade ás procedentes de autónomos, pequenas e medianas empresas e entidades sociais. Segundo un informe levado ao Consello da Xunta, pagáronse “exactamente 1.486 millóns de euros nos últimos 75 días”. “Iso significa que formalizamos case 20.837 pagamentos desde agosto cun importe global que equivale ao 2,6% do PIB galego, é dicir, case 1.500 millóns de euros”, especificou o presidente, que subliñou tamén que “Galicia atende as súas facturas no entorno dos 45 días”.
Segundo o presidente, estes datos reflicten que o pagamento a provedores foi “un constante obxectivo e compromiso da Xunta” durante esta lexislatura e recalcou que “avalan” a Galicia como a “comunidade máis solvente de España”. “Podo dicirlles que Galicia ten atendido todas as súas obrigas nos prazos razoables desde o principio ao final da lexislatura”, dixo Feijóo, aínda que advertiu que ter as contas en regra “non é un obxectivo en si mesmo” senón o mecanismo necesario para poder pagar aos provedores e “seguir tendo crédito”.
O presidente da Xunta subliñou así mesmo que Galicia “é a única que se moveu no entorno de estabilidade presupostaria no ano no ano 2009, no ano 2010, no ano 2011 e no ano 2012” tal como acreditan os órganos competentes como a Administración Xeral do Estado, a Intervención Xeral do Estado, o Ministerio de Facenda e o Consello de Política Fiscal e Financeira.
En relación aos datos do informe de tesouraría presentado pola Consellería de Facenda, “nos últimos meses formalizáronse 446 millóns de euros para entidades sociais, 87 millóns de euros para limpar todos os pagos que estiveran antes do 1 de setembro, e 126 millóns de euros destinámolos a pagar facturas por importes iguais ou inferiores a 150.000 euros”, explicou o presidente, quen insistiu en que “os que teñan facturas ata 25 millóns de pesetas (150.000 euros) na Xunta de Galicia acaban de cobrar nada máis e nada menos que 8.847 contabilizadas á data de 18 de outubro”.
O presidente da Xunta sinalou que Galicia “sigue tendo crédito e seguimos financiándonos con normalidade sen vernos afectados pola prima de risco que afectou a España nos últimos meses con especial virulencia”. Lembrou que mentres comunidades autónomas con PIB máis elevados e de maior poboación “están acudindo” ao fondo de rescate do Goberno central, Galicia “acaba de colocar o 18% da súa débeda pública nas últimas tres semanas, 200 millóns de euros entre bancos españois e bancos europeos”.
“Somos a única autonomía do sistema xeral de financiamento -excluídas o País Vasco e Navarra- que non acudiu nin os 35.000 millóns de provedores que puxo a disposición o Goberno Central para as comunidades que non podían pagar, nin ao fondo de liquidez que está poñendo o Goberno Central para as comunidades que seguen sen poder pagar”, sentenciou.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia