A Lei de Garantías de Prestación Sanitaria asegurará menos agarda
O presidente en funcións da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou na rolda de prensa do Consello, a prioridade da Lei de Garantías de prestación sanitaria que asegurará menos espera, máis liberdade de elección e máis facilidades para unha segunda opinión e para coñecer a decisión dos pacientes que posteriormente a unha intervención ou a un tratamento teñan dificultades para expresala de forma persoal.
Logo de que o Consello da Xunta dese o visto e prace ao borrador do documento, Feijóo afirmou que “será a primeira lei que presentemos no Parlamento galego, unha vez que o novo Goberno da Xunta tome posesión despois de cumprir os trámites regulamentarios de investidura e de sesión constitutiva da novena lexislatura no Parlamento”.
Nun primeiro termo, o presidente do Executivo autonómico explicou que o novo texto dará garantía de que os pacientes sexan atendidos nun prazo máximo en función da súa gravidade, pasando dunha demora máxima de 180 días a unha demora de 60 días, en función da especialidade e en función da gravidade da patoloxía do paciente; e, igualmente, en función das especialidades e das patoloxías do paciente se establece unha demora máxima en determinadas consultas de 45 días: “é dicir, en función da patoloxía e da gravidade do paciente terá dereito a unha demora máxima para unha intervención cirúrxica de 60 días e unha demora máxima para unha consulta externa de 45 días”.
Así mesmo, Feijóo destacou que a lei, amais de manter o dereito de libre elección de médico de familia, no ámbito da atención primaria amplía o dereito de libre elección a pediatra e a enfermería. “E, no ámbito dos hospitais, por primeira vez, -engadiu- se consagrará o dereito a libre elección de hospital”.
O titular da Xunta resaltou que o documento mellora, tamén, a garantía do dereito a segunda opinión médica; “imos reducir prazos e a facilitar procedementos para facer efectivo este dereito”, aseverou.
Por último, Feijóo precisou que a lei mellora o dereito á manifestación de instrucións previas, incorporando un novo procedemento aos xa existentes. “Ata o de agora, podía manifestarse ante notario ou ante tres testemuñas a vontade sobre qué actuacións médicas se querían recibir naqueles casos no que o paciente non puidera expresalas persoalmente como consecuencia do seu estado clínico. E agora, se inclúe outra posibilidade que é remitir ao rexistro galego sanitario de instrucións previas, para que os pacientes que van estar sometidos a unha intervención no límite digan exactamente no suposto de que non podan expresarse posteriormente como queren ser tratados unha vez que se sometan a esa intervención ou tratamento médico”.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia