Revísase o legado dos renovadores da vangarda histórica galega
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria colabora coa Fundación Laxeiro na realización do ciclo de conferencias Laxeiro e Os Renovadores das vangardas históricas galegas, unha iniciativa que se desenvolve durante os martes do mes de novembro na facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela (USC).
A facultade da USC acolleu a presentación do ciclo en rolda de prensa, que contou coa participación do secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, quen se referiu á iniciativa como “unha excelente oportunidade para afondar na herdanza do grupo dos Renovadores, para comprender mellor a identidade da arte galega no século XX e para reflexionar sobre a pegada que deixou na nosa cultura esta xeración de creadores e de intelectuais, impulsores dunha nova arte que situou a Galicia no panorama artístico da contemporaneidade”.
No acto de presentación, Anxo Lorenzo estivo acompañado polo vicerreitor de Estudantes, Cultura e Formación da USC, Francisco Durán; polo director xeral e mais polo director artístico da Fundación Laxeiro, Carlos García-Suárez e Javier Pérez Buján, respectivamente; así como polo director do ciclo, o profesor José Manuel B. López.
Achegamento ao mundo artístico dos Renovadores
A iniciativa, dirixida especialmente a estudantes de historia da arte, belas artes, humanidades e xornalismo, a profesores de ensino secundario e a afeccionados á arte en xeral, pretende un achegamento transversal á obra dos Renovadores, creadores e intelectuais galegos como Carlos Maside, Laxeiro, Rafael Dieste, Isaac Díaz Pardo, Luís Seoane e Colmeiro, entre outros, que fixeron posible a entrada da arte galega na contemporaneidade, demostrando, ademais da vixencia do seu legado, a riqueza dunha arte que estaba anovando en consonancia co acontecer internacional do momento.
Para isto, o ciclo conta con relatorios impartidos por diversos expertos na materia que contribuirán a ampliar a análise deste movemento a elementos pouco tratados no seu conxunto en relación coa obra dos Renovadores, como son o contexto internacional das vangardas históricas, as influencias da arte medieval que os Renovadores asumiron como propias ou a faceta antropolóxica do nacemento desta arte anovadora.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia