Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

A exposición "Caixón de sastre", de Miguel Calvo, no Outono Fotográfico

A mostra, organizada polo Grupo Fotocinematográfica Fonmiñá, está coordinada polo responsable de Fotografía do Grupo, Eduardo Rodríguez Ochoa, e enmárcase dentro do OUTONO FOTOGRÁFICO que desde hai décadas se veu impulsando pola Casa da Xuventude de Ourense, da que durante moitos anos foi responsable o lucense Benito Losada, falecido en febreiro de
2011.Fonmiñá sempre veu colaborando con esta iniciativa ourensana, aportando unha mostra como apoio lucense a este esforzo de potenciación da imaxe en Galicia.

A mostra que en Lugo se inaugura ven ser unha exposición antolóxica de Miguel Calvo Negro, secretario xeral do Grupo Fonmiñá, fotógrafo profesional e afeccionado. E, na súa faceta de afeccionado, ofrece agora ao público lucense unha selección da súa obra fotográfica.

Na inauguración interviron o Delegado territorial en funcións da Xunta de Galicia en Lugo, Marco Antonio Fernández; o responsable de fotografía de Fonmiñá, Eduardo Rodríguez Ochoa; Miguel Calvo Negro, e o Presidente de Fonmiñá, Xulio Xiz.

Nota de prensa remitida polo Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia:

O Edificio Administrativo da Xunta de Galicia acolle dende a exposición Caixón de sastre, unha mostra antolóxica de Miguel Calvo Negro que resume máis de 40 anos de traxectoria deste fotógrafo lucense.

A exposición enmárcase dentro do “Outono Fotográfico” que desde hai tres décadas ven impulsando a Casa da Xuventude de Ourense, da que durante moitos anos foi responsable o lucense Benito Losada, falecido en febreiro de 2011. O Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá colabora tradicionalmente con esta actividade organizando unha mostra como apoio lucense a este esforzo de potenciación da imaxe en Galicia.

Na presente edición, Miguel Calvo Negro ofrece unha escolma de 24 fotografías en blanco e negro de distintas épocas e temática, dende retratos ata paisaxes ou escenas urbanas, centradas principalmente en Lugo e na súa provincia. Permanecerán expostas na sede da Xunta ao longo de todo o mes de novembro.

Na presentación da exposición participaron o propio autor e o delegado territorial en funcións da Xunta de Galicia en Lugo, Marco Antonio Fernández. Asistiron igualmente o xefe territorial de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, José Ramos Ledo; o de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, José Manuel Rozas, e o xefe territorial de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, José María López Vega.

Por parte de Fonmiñá acompañaron también ao autor o presidente do grupo, Xulio Xiz, e o coordinador da mostra e responsable de fotografía do grupo, Eduardo Rodríguez Ochoa.

X.X. (Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá)