Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Alberto Ramos gaña o XIII Premio Risco de Creación Literaria de Ourense

Todos os días días, é a novela con que Alberto Manuel Ramos Ríos resultou galardoado co premio Risco de Creación Literaria, que se fallou no Auditorio Municipal.

O xurado destacou que a novela reflicte a crise económica e social e os seus efectos sobre a mocidade universitaria dos nosos días e en como esta falta de horizontes inflúe na autoestima das personaxes e condúceos á destrución persoal. Ao longo da novela van aparecendo como elementos secundarios os ERE, o peche dos medios de comunicación escritos, a rivalidade profesional, a falta de expectativas vitais, a contraposición entre a realidade laboral doutros países emerxentes economicamente e a nosa propia.

Escrito cunha técnica realista, de fondo existencial, a través de imaxes moi visuais, pequenas metáforas nihilistas que dan conta do baleiro dos días que se suceden unhs iguais a outros.

Premio Risco de Creación Literaria

O Concello de Ourense ven desde hai anos colaborando co Premio Risco de Creación Literaria, unha iniciativa da Fundación Vicente Risco, que ten como finalidade promover a creación literaria nun dos eidos máis amados por Vicente e Antón Risco, como o da Literatura Fantástica. Desde a edición do 2006 pasa formalmente a denominarse Premio Risco de Creación Literaria.

O galardón, que este ano acadou a súa XIII edición, conta tamén coa colaboración da editorial Sotelo Blanco. É un premio de carácter anual, co fin de abranguer os diferentes campos da obra non só de quen foi veciño ilustre – Vicente Risco - senón tamén a do seu fillo, don Antón Martínez – Risco Fernández, veciños que foron desta cidade.

A obra gañadora é premiada con 6.000 € xunto coa publicación do libro. O xurado desta XIII edición do Premio Risco estivo formado por Adelaida Vidal (gañadora da pasada edición), Ánxela Gracián (Editorial Sotelo Blanco), Serafín Alonso Pintos e Soedade do Muíño.

Os premiados das diferentes edicións deste premio son:

2000 A rosa de Borges de Xosé Carlos Caneiro
2001 O Caderno de Xavier López López
2002 A embaixada do vinagre de Xosé Luís Martínez Pereiro
2003 O sangue dos camiños de Ramón Caride Ogando
2004 Deserto
2005 Un escuro rumor tralo silencio de Isidro Novo
2006 Os mércores de Fra de Zurzo Sierra Veloso
2007 Para dicir abril de Xosé Vázquez Pintor
2008 Deserto
2009 A do vinteún de Hixinio Puentes
2010 Deus xogando aos dados de Fernando Méndez
2011 Olladas de Adelaida Vidal
2012 Todos os días de Alberto Manuel Ramos Ríos
Gabinete de Prensa do Concello de Ourense