Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

A conservación de estradas e a seguridade vial, obxectivos de infraestruturas

O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, adiantou que a Axencia Galega de Infraestruturas traballa en base a tres criterios na configuración dos orzamentos para o ano 2013 en materia viaria: priorizar actuacións de maior rendibilidade económica e social, manter os investimentos en seguridade vial e continuar cos orzamentos en conservación de estradas e vialidade invernal.

Hernández fixo este anuncio antes da reunión do Consello Reitor da Axencia Galega de Infraestruturas, na que se ultimaron os orzamentos e programas para o ano 2013 en materia de infraestrutura viaria. O conselleiro de Medio Ambiente avanzou que serán necesarios novos axustes, que se darán a coñecer nos próximos días.

Segundos orzamentos da Axencia

O conselleiro destacou que o 2013 é o segundo ano de xestión da Axencia Galega de Infraestruturas, un organismo que se creou co obxectivo de evitar duplicidades e continuar a liña e de seguir avanzando na minoración do gasto de persoal e a eficiencia na xestión.

Engadiu que na elaboración dos orzamentos deste ano e, precisamente grazas a modificación da estrutura organizativa da Axencia (que integrou a Dirección Xeral de Infraestruturas, Sociedade Pública de Investimentos e Aceousa), reduciuse o gasto corrente, tanto de persoal como de gastos fixos desta entidade, respecto da anterior infraestrutura.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia