Feijóo avanza que a nova Lei de Estradas dará máis garantías aos cidadáns
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou na rolda de prensa do Consello, que a nova Lei de Estradas dará máis garantías e transparencia aos cidadáns e permitirá optimizar a prestación do servizo público viario da comunidade.
Feijóo explicou que o proxecto de lei será remitido con carácter inmediato á Cámara para actualizar e modernizar a lexislación autonómica: “para adaptala aos numerosos cambios normativos e aos cambios de estrutura da Xunta como, por exemplo, a recente fusión dos departamentos de infraestruturas nun único departamento, a Axencia Galega de Infraestruturas; e para adaptala á normativa de contratación administrativa, á normativa medioambiental e á normativa de ordenación do territorio e urbanismo”.
Entre as novidades máis importantes, o responsable do Goberno galego precisou que o texto proporcionará: maior transparencia para a defensa do cidadán, xa que coa nova lei todos os proxectos en materia viaria serán sometidos a información pública, “e polo tanto os propietarios das parcelas lindantes das estradas que se amplíen terán dereito a información pública antes de iniciar a execución do vial”; e máis sensibilidade polos afectados pola obra pública xa que se, ata o de agora, o propietario expropiado perdía a totalidade da capacidade edificatoria da parcela afectada, agora, pode manter os dereitos urbanísticos das súas parcelas agás na superficie expropiada.
Así mesmo, subliñou que se ata o de agora o propietario afectado por unha expropiación forzosa estaba obrigado a adiantar o investimento para repoñer os bens afectados polas obras; co novo texto normativo, será a administración pública a que teña que desembolsar previamente o diñeiro para repoñer os muros ou outros danos que se podan producir como consecuencia da ampliación dun vial ou como consecuencia da execución dun novo vial.
O documento establece, tamén, que se incluirán dentro das obrigas do contratista os custes de dirección de obra.
Feijóo subliñou que, en definitiva, se trata dunha lei que: dá máis garantías aos cidadáns, “que busca que os cidadáns non teñan que adiantar os cartos polos desperfectos que se producen na execución material da obra”; e que dá máis transparencia ao cidadán, “porque este coñece non só a través de información pública o trazado dos novos viais, senón tamén a ampliación dos viais existentes cando se ven afectados bens de titularidade dos cidadáns galegos”.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia