Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Entréganse os premios do XVII Certame Literario Manuel Oreste Rodríguez

Dado o carácter internacional que está a ter o certame nestas últimas edicións, houbo varios premiados que non puideron recoller o premio persoalmente. Erick Hernández Morá, premiado en narrativa pola obra: “Por la residencia aguantamos” non puido asistir por residir en Miami e tampouco o puido facer o premiado na categoría de poesía, José Antonio Repeto González que enviou un audio desde Jerez de la Frontera para que puidéramos escoitar da súa voz un extracto da obra premiada: “Siete sonetos para el mar”. Estiveron presentes no acto: Xosé Otero Canto premiado cun accésit en poesía para a obra: “Esperto caraveis mollados”, Pepe Pol premiado cun accésit en narrativa pola obra: “A moeda de pedra” e Sofía Rodríguez Suárez premiada cunha mención de honra pola obra “La isla de San Simón”.

A gran novidade desta edición do certame foi a presentación do portal web www.manuelrodriguezlopez.org que xurde a través dunha iniciativa da familia e dos membros do xurado do premio, moi especialmente Xulio Xiz e Xesús Mato e conta coa colaboración de diversas institucións: Concello de Paradela, Concello de Lugo, Deputación Provincial de Lugo e Xunta de Galicia.
Concello de Paradela