Inaugúrase no edificio da Xunta en Lugo a mostra de arte XLI Belén de Begonte
A delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, inaugurou a exposición das pinturas do XXIII Certame de Arte do Belén de Begonte, unha iniciativa que, segundo destacou, “representa a capacidade de perpetuarse e estimular a creatividade cultural” nun momento como o actual.
Arias, acompañada polo alcalde de Begonte, José Ulla Rocha, significou que o belén de Begonte supón non só un referente durante a época do Nadal en Lugo, senón “un catalizador para as iniciativas culturais na provincia”, xa que vencellada a esta representación desenvólvense certames e concursos literarios, poéticos e tamén pictóricos.
A delegada gabou a calidade das 21 obras presentadas ao concurso, que poderán ser visitadas de xeito gratuíto de luns a sábado na sala de exposicións do Edificio Administrativo en Lugo ata o día 15 de xaneiro, trasladándose despois a mostra a Begonte. O xurado utilizará tamén a sede administrativa da Xunta para celebrar as reunións de traballo das que sairán as obras gañadoras.
Trátase de obras de diferentes formatos e estilos que, segundo destacou Raquel Arias, “van espertar a curiosidade dos que se acheguen a vela, máis alá dos detalles técnicos que valorarán axeitadamente os membros do xurado”.
Na presentación estiveron presentes tamén o alcalde begontino, José Ulla Rocha, e Xulio Xiz, en representación do Centro Cultural José Domínguez Guizán. O rexedor sinalou a importancia que o belén e as actividades culturais complementarias teñen para “situar a Begonte como referente do Nadal en Galicia”
Pola súa banda, Xulio Xiz subliñou o feito de que se tivera chegado á vixésimo terceira edición do certame literario, e avanzou a posibilidade de que esta mesma semana o xurado alcance un acordo sobre os gañadores.
Precisamente a delegada agradeceu a ambos, representantes dos promotores do certame, que elixiran o Edificio Administrativo da Xunta como “escaparate” para o evento, á vez que puxo de manifesto que a sede da Xunta é “un espazo aberto a todas as asociacións e colectivos que queiran facer uso das instalacións para iniciativas culturais ou sociais como a presente”.

Gabinete de Comunicación da Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Lugo