Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

A FEG demanda a aplicación da Estratexia Galega de Biodiversidade

A Federación Ecoloxista Galega (FEG), con motivo da celebración do Día Mundial da Biodiversidade, demanda da Xunta de Galicia, un cambio na política ambiental, cun compromiso firme e responsable na adopción de medidas pola conservación do territorio, das paisaxes e usos tradicionais, que garantan a presenza e mantemento da calidade dos ecosistemas e a ampla diversidade de especies e poboacións que albergan.
Galicia está a sufrir nestes últimos anos fortes procesos de transformación do territorio no que a falta dunha planificación e ordenación territorial integral, con intervencións nos que os condicionantes ambientais sinxelamente non existen, está a provocar un preocupante empeoramento da calidade ambiental dos ecosistemas e a desaparición de especies e/ou das súas poboacións. As políticas desenvolvidas son débiles cunha clara insuficiencia de mecanismos que se mostren eficaces e apreciándose un abuso no propagandismo-mediático, o que favorece o empobrecemento do rico patrimonio galego de biodiversidade, presente entre outros nas montañas, ríos, litoral, bosques, etc. Varios son os motivos que nos levan a este panorama.
Espazos naturais: Figuras de protección do territorio para conservar os valores naturais (flora, fauna xea ou a paisaxe), a Administración Autonómica concíbeas exclusivamente como se de áreas recreativas ou atractivos turísticos se tratara. Ata o día de hoxe ningún dos Parques Naturais e o Parque Nacional, cumpriu o obxectivo de conservación dos seus valores naturais, incluso, dentro destes territorios protexidos, constatouse pola comunidade científica, a desaparición de especies ameazadas ou da redución das súas poboacións. Soamente o P. N. do Xurés e Baixa Limia ten aprobado o Plano Reitor de Uso e Xestión (PRUX) e ningún ten Planos de Conservación. As Zonas de Especial Protección para as Aves non teñen protección real ou as zonas para a Protección dos Humidais (RAMSAR) carecen de protección real.
Medio Mariño e Litoral: Non existe en Galicia ningunha zona mariña protexida. Si ben, parte da superficie do Parque Nacional das Illas Atlánticas son fondos mariños, estes na práctica están sen protexer, pois a Consellería de Pesca négase a tomar medidas de Xestión e protección destes. Varios son os Lugares de interese Comunitario, aprobados pola Unión Europea, nos que a previsión de conservación non é mellor á vista da multitude de proxectos que se están a promover, coma campos de golf e urbanizacións de luxo na Lic da Costa da Morte ou na de Corrubedo, ou grandes complexos de acuicultura en lugares de alto valor ecolóxico coma é o caso do cabo Touriñán.
Estudos de Impacto Ambiental: A Lexislación Europea, estatal ou autonómica, contempla a elaboracións destes estudios para preservar os valores naturais e paisaxísticos, convertéronse en meros documentos burocráticos, nos que a administración é absolutamente permisiva e non quere profundizar no regulamento de procedementos de avaliación ambiental, nos que actualmente se emprega unha metodoloxía e uns contidos legais moi ambiguos e polo que é posible que un mesmo proxecto sexa avaliado ambientalmente coma branco, gris ou negro. A destrución do complexo de turbeiras de cobertor da Serra do Xistral, únicas no mundo, ou da paisaxe do Sitio de Interese
Falta de vixilancia: Caza en zonas protexidas e de especies non cazables e furtiva, aumento do uso de velenos e lazos nos montes, pesca fluvial con artes e en zonas e horarios non permitidos pola normativa, recoleccións de plantas ou de invertebrados en espazos protexidos, canteiras sen licenza, presas ilegais en ríos protexidos, talas de bosques centenarios e de ribeira, vertidos industriais ós ríos, apertura de pistas e extracción de áridos en sistemas dunares, configuran unha ampla representación de irregularidades observadas durante o 2004, e que son resultado de políticas de desidia por parte da Administracións responsables. Proba disto é a intención da Consellería de Medio Ambiente de suprimir a gardería do servizo de conservación e vixilancia da natureza, integrándoa aos distritos Forestais adiándose a temas forestais e de incendios, quedando a vixilancia Medioambiental nun segundo plano.
Federación Ecoloxista Galega