Premian ao Sergas polo uso das tecnoloxías da comunicación na saúde
A Aula Magna da Facultade de Medicina da Universidade Autonóma de Madrid acolleu o acto de entrega dos Premios Nacionais de Informática da Saúde 2012, convocados pola Sociedade Española de Informática da Saúde, ao obxecto de destacar a organizacións e profesionais en recoñecemento á súa contribución para o desenvolvemento da informática e as comunicacións no ámbito sanitario.
Neste ano, o xurado acordou conceder ao Servizo Galego de Saúde o Premio Nacional de Informática da Saúde 2012 á entidade pública ou privada que destacou na implantación e uso das tecnoloxías da información e a comunicación no ámbito sanitario.
O premio foi recollido pola xerente do Servizo Galego de Saúde, María Nieves Domínguez González, quen sinalou que este galardón “é, sen dúbida, un recoñecemento ao traballo que realizan os máis de 36.000 profesionais que formamos o Sergas”.
Mellora da asistencia
A Consellería de Sanidade é consciente da importancia crecente da tecnoloxía no sector sanitario para incorporar novos servizos, e mellorar os existentes.
Ademais, como quedou recollido na Estratexia Sergas 2014, a Consellería mantén o seu firme compromiso de modernizar o sistema sanitario, e que os profesionais dispoñan dos mellores instrumentos para facer posible unha prestación próxima e de calidade, no menor tempo posible.
Importante recordar que na nosa comunidade autónoma dispoñemos dunha historia clínica electrónica única en todos os centros asistenciais, e da receita electrónica para o 100% da poboación. En todas as oficinas de farmacia teñen acceso á e-receita, o que permite que se beneficien dela o 100% dos cidadáns.
Na Sanidade pública galega cada día hai 14.700 profesionais conectados; prodúcense 114.000 accesos á historia clínica electrónica-imaxe dixital; e realízanse 220.000 dispensacións electrónicas. Tamén realízanse 70.000 anotacións ao día nas historias clínicas dende os centros de saúde e 13.000 dende os hospitais.
Ademais, unha media diaria de 80 cidadáns consultan a súa historia clínica dende internet (informes de alta, documento de vontades anticipadas, folla de medicación activa, ou o plan de dispensación).

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia