Investiranse 5 millóns de euros no Plan Tecnolóxico para a Modernización da Xustiza
Galicia liderará o Plan tecnolóxico estatal para a modernización da xustiza, a través dun acordo de colaboración entre o Goberno galego e o Goberno do Estado dotado con cinco millóns de euros de investimento ata o ano 2015 e que hoxe autorizou o Consello da Xunta.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, explicou que se trata dun “programa piloto” que se poderá estender ao resto do Estado e que “nos permite situar a Galicia na vangarda” da modernización da administración de xustiza. O investimento (catro millóns de euros aportados por Red.es e un millón pola comunidade autónoma) destinarase “a seguir completando o programa informático do expediente xudicial electrónico, da tramitación telemática, dos distintos sistemas informáticos e da co oficialidade lingüística”, explicou.
Feijóo subliñou que a elección de Galicia para liderar este proxecto polo que tamén competían outras autonomías responde a que foi precisamente a comunidade galega a que presentou o proxecto ao Ministerio, porque conta coa experiencia e a capacidade técnica da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) para poder executalo, e porque dispón do orzamento necesario esixido polo Goberno do Estado.
O acordo, que asinarán a Consellería de Presidencia e Amtega co Ministerio de Industria e coa entidade pública Red.es, enmárcase na Axenda Dixital 2014.gal que ten como obxectivos “informatizar a administración pública, mellorar a informatización da sanidade, mellorar a informatización da administración docente, e tamén mellorar a administración de xustiza”, especificou o presidente.
Así mesmo, Feijóo lembrou que a Xunta xa ten en marcha unha serie de actuacións para “a completa posta ó día dos xulgados galegos”. “Estamos cun plan de infraestruturas materiais e xudiciais, de 97 millóns de euros. Estamos poñendo ó día, e puxemos ó día na anterior lexislatura, a asistencia xurídica gratuíta, e investimos 14 millóns de euros no Plan Senda, que é o plan de informatización da xustiza de Galicia”, dixo.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia