O 95% dos galegos teñen acceso a internet grazas ao Plan de banda larga
Tras un exhaustivo estudio sobre a cobertura de banda larga na Comunidade a Xunta detectou que en 2010 só o 72% da poboación tiña cobertura de internet e que a banda larga non chegaba a todos centros de servizos públicos nin a todos os polígonos industriais.
Para reverter esta situación a Xunta, a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, puxo en marcha hai tres anos o Plan de Banda Larga 2010-2013, cun dobre obxectivo: dotar a todos os galegos de acceso a internet con velocidades superiores a 2 Mbps e impulsar a extensión das redes NGAs, con velocidades de ata 100Mbps.
Adiantándose un ano aos seus obxectivos o Plan de Banda Larga pechou 2012 superando o 95% da poboación con cobertura de Internet. Desde o seu inicio, a mediados de 2010, o Plan posibilitou o acceso á rede a máis de 636.000 galegos dos 786.000 que carecían deste servizo.
Cobertura por provincias
Os despregamentos de redes fixas e sen fíos realizados ata agora conseguiron incrementar a porcentaxe de galegos con acceso á rede do 72% ao 95%. Un incremento especialmente significativo nas provincias do interior. Grazas ao Plan en Lugo pasouse dun 54% de cobertura a case o 90% a finais de 2012; en Ourense do 58% ao 96% mentres que na Coruña incrementouse a poboación con posibilidade de acceso á rede do 75% a case o 95% e en Pontevedra do 78 ao 97%. Estes avances reduciron a fenda dixital entre as provincias do interior e as do eixo atlántico do 20% antes existente antes do plan a un 3% a finais de 2012.*
Obxectivos 2013
No 2013 o Plan de Banda Larga completará os despregamentos de redes fixas e sen fíos que permitirán superar o 97% de poboación con cobertura de internet e chegar ao 3% restante, que habita nas zonas máis illadas de Galicia, vía satélite. Cumprirase así a directriz da Axenda Dixital Europea de que todos os cidadáns teñan acceso a banda larga en 2013.
Deste xeito, ao longo do ano posibilitarase a conexión a internet aos 150.000 galegos que non dispoñen deste servizo a día de hoxe. O obxectivo é iniciar o 2014 cunha Galicia totalmente conectada e que máis de 1,3 millóns de galegos poidan facer uso das redes NGAs, que permiten velocidades de ata 100Mbps.
Son os obxectivos do Plan de Banda Larga para 2013, que conta cun orzamento de 23 millóns de euros, un 21% máis que en 2012.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia