Un convenio permite mobilizar 60 millóns de euros en avais para o naval en 2013
O presidente galego destacou que a Xunta renova o seu compromiso co sector naval coa aprobación dun convenio que permitirá mobilizar ata 60 millóns de euros en avais durante 2013. Alberto Núñez Feijóo explicou que o acordo coa asociación de medianos e pequenos estaleiros, Pymar, autorizado hoxe polo Consello da Xunta, supón un “importante osíxeno económico” para axudar ao sector, e destacou o “efecto multiplicador” que ten o diñeiro público “desde o punto de vista da consecución da totalidade dos avais que se necesitan”.
O titular da Xunta salientou que este instrumento financeiro se pon a disposición da industria naval galega a pesar das actuais dificultades económicas. “Renovamos unha vez mais o compromiso co sector naval”, reafirmou o presidente galego.
Neste sentido, Núñez Feijóo lembrou que o Goberno galego apoiou durante a pasada lexislatura todos os proxectos que se consideraron viables mobilizando 100 millóns de euros en axudas, avais e préstamos. “Demostramos que estamos comprometidos co sector naval cando creamos por primeira vez en España un selo naval, que é unha marca de garantía de calidade para o sector naval galego” –continuou o titular do Goberno- “e seguímolo demostrando cando, xunto ao Goberno de España, solucionamos un novo sistema de amortización anticipada, o denominado tax lease, que levaba máis dun ano paralizando calquera produto ou calquera pedido no sector naval de Galicia e do resto de España”, engadiu.
O presidente galego afirmou, ademais, que o Goberno galego segue comprometido co sector naval cando desenvolve“a alianza estratéxica que temos coa petroleira mexicana Pemex para a construción de dous floteis, un na ría de Vigo e outro nos estaleiros públicos de Navantia en Ferrol”.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia