Todos os embaixadores da Unión Europea en España visitarán Galicia en maio
O vicepresidente da Xunta e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, presidiu a reunión do Padroado da Fundación Galicia Europa, tras a que avanzou que o vindeiro mes de maio todos os embaixadores dos países da Unión Europea en España participarán nunha visita oficial a Galicia.
Concretamente, está previsto que os próximos 20 e 21 de maio visiten a nosa comunidade os 26 embaixadores da Unión Europea acreditados en España, acompañados do embaixador da UE en Madrid e do embaixador de Croacia en España, xa que Croacia convertérase no Estado numero 28 da UE o vindeiro mes de xullo.
A visita terá como eixes principais o aproveitamento que ten feito Galicia dos fondos europeos nestes últimos anos e a perspectiva do reparto de fondos para os vindeiros anos, así como a importancia dos sectores produtivos da nosa economía e os aspectos culturais, incluíndose na axenda a visita a empresas galegas de referencia, segundo explicou hoxe o vicepresidente do Goberno galego.
Rueda tamén se referiu a outro dos asuntos abordados na reunión do padroado, relativo á negociación do novo marco financeiro da Unión para o período 2014- 2020. Nese sentido, destacou que Galicia vaia seguir recibindo un 60 por cento dos fondos estruturais que recibira no pasado período, a pesares de saír do grupo de rexións Obxectivo Converxencia con máis do 90 por cento da renda media europea.
Así, a proposta do Consello de Europa –que agora debe ser validada polo Parlamento Europeo- establece que Galicia percibirá arredor de 2.000 millóns de euros de fondos estruturais nos vindeiros sete anos, grazas á inclusión da rede de seguridade pola que a Comunidade Autónoma leva traballando todos estes anos, con reunións ao máximo nivel con dirixentes europeos, españois e doutras rexións nacionais e europeas na mesma situación e coa creación de grupos de traballo con estas rexións, entre outras iniciativas.
Finalmente, Rueda destacou que a Fundación Galicia Europa, que vén de cumprir 25 anos de existencia, seguirá a traballar este ano na defensa dos intereses galegos en Bruxelas. Entre outros asuntos, terá que centrarse nas condicións e nas prioridades de gasto dos fondos no novo marco orzamentario e na posibilidade de que Galicia poida acceder a máis axudas, con especial atención tamén ás novas políticas agrícola e pesqueira común, cuxa definición está prevista para este exercicio.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia