A oposición pide ao PPdeG que explique a corrupción e os deputados presentan as declaracións de bens
Todos os estudos e investigacións demoscópicas e sociolóxicas indican que a corrupción política se atopa entre as principais preocupacións da cidadanía. En Galicia, os casos en que cargos electos do Partido Popular empregan os seus postos para obter beneficios persoais inzan os xulgados. Ante os silencios, desvíos de atención, negacións e evasivas da dereita, os tres grupos da oposición –PSdeG, AGE e BNG- decidiron, de maneira conxunta, solicitar a comparecencia en pleno parlamentario de Alberto Núñez Feijóo para que ofreza explicacións aos galegos e ás galegas sobre a corrupción que alaga o seu partido.
Alternativa Galega de Esquerda (AGE) xa ten presentado preguntas e proposicións non de lei na Cámara galega para contribuír a solucionar este grave problema, que afecta aos alicerces mesmos do réxime democrático. Aínda a semana pasada esixiu que a Xunta cumpra unha vella demanda dos axentes xurídicos e dote aos organismos rasdicados en Galicia de medios e persoal para combater a corrupción.
O portavoz do Grupo parlamentario do BNG, Francisco Jorquera anunciou hoxe que os tres grupos, BNG-AGE e PSdeG piden a comparecencia urxente do Presidente da Xunta e do PP en Galiza para que explique, en sede parlamentar, o “impacto da corrupción” no desenvolvemento da economía galega.
Francisco Jorquera fixo este anuncio na comparecencia ante os medios de comunicación, acompañado da portavoz de Traballo Montse Prado convocada para valorar os datos publicados polos servizos de emprego.
Trala presentación do escrito no rexistro do Parlamento o PP desestima a petición dos tres grupos parlamentarios e impide que Feijoo compareza.
Para a portavoz de Traballo, Montse Prado, os datos rexistrados nas oficinas de emprego confirman que “o control do déficit” deseñado por Núñez Feijoo segue castigando a Galiza “cun alto prezo”. A deputada nacionalista criticou que o Goberno galego priorice "aos bancos antes que as persoas ", circunstancia que está a levar a “situacións dramáticas” a miles de familias.
Para a nacionalista, as políticas de emprego do Partido popular no Estado e de Núñez Feijoo están a ter “uns custes altísimos no noso país” como demostra a cifra de 292.823 desempregad@s a finais de febreiro con 2.033 parados e paradas novos ao que hai que sumar as previsións do Goberno galego para o ano 2013 “cun aumento do 2 por cento”, entre os dous primeiros meses do ano, expliocu, esta cifra xa se duplicou situandose no 5%. Prado criticou que o Presidente da Xunta presuma de cumprir o déficit mentres o paro en Galiza, “segue incrementándose”.
“Nin a reforma laboral, nin a baixada de salarios, nin a eliminación das pagas extras”, dixo, están a surtir un efecto positivo para crear emprego, “as políticas do Partido popular están feitas contra os traballadores/as non para crear emprego nin incentivar a economía”.
Pola súa parte, o portavoz do grupo parlamentario nacionalista, Francisco Jorquera afirmou que os datos do desemprego confirman as peores consecuencias dunha política de emprego de “austericidio” e por moito que Feijoo pretenda “edulcorar as cifras”, explicou, o paro volve a medrar en Galiza cun “rimo superior á media estatal”.
Neste sentido, lamentou a "hecatombe" das políticas del PP galego na Xunta de Galicia e criticou a Feijoo por ser "más papista que el Papa" no cumprimento del déficit polo que tivo que renunciar “a 300 millóns de euros que permitirían crear "11.000 empregos".
Respecto á petición de comparecencia do Presidente da Xunta para falar de corrupción, Pedro Puy dixo que “o único que pretende a oposición é distraer a atención sobre os problemas internos que teñen”
O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, anunciou que os 41 deputados deste grupo parlamentario rexistraron esta mañá as súas declaracións de bens e patrimonio e puxéronas a disposición da Mesa e da Presidencia para a súa publicación o vindeiro 25 de marzo. Respecto da petición de comparecencia do Presidente da Xunta no Pleno sobre a corrupción, Puy dixo que “non estamos a favor de apoiar solicitudes sobre asuntos que non afectan para nada ao goberno autonómico e que o único que pretenden é distraer a atención sobre os importantes e graves problemas internos que teñen as forzas da oposición en Galicia”.
Puy informou da xuntanza celebrada esta mañá polo Grupo Parlamentario para preparar a sesión plenaria da vindeira semana e avanzou que está previsto o debate de totalidade dos proxectos de lei de impulso e ordenación das infraestruturas de telecomunicación de Galicia e de fomento da investigación e da innovación en Galicia.
Así mesmo, o portavoz popular anunciou que “esta mañá procedeuse ao rexistro de todas as declaracións de bens e patrimonio dos 41 deputados que conforman o Grupo Popular, unha declaración voluntaria pero exhaustiva de todas as actividades e bens”. Deste xeito, as declaracións quedan a disposición da Presidencia e da Mesa do Parlamento, que acordou facer público estes documentos o vindeiro 25 de marzo.
Cuestionado sobre a solicitude presentada polos tres grupos da oposición para que o Presidente da Xunta compareza no Pleno do Parlamento para falar de corrupción, Pedro Puy alertou sobre “este tripartito, que cada vez camiña máis cara a radicalidade, unicamente se pon de acordo para intentar enlamar a política parlamentaria de Galicia”. Neste sentido, concretou que “non hai un só escándalo de corrupción que afecte ao Goberno da Xunta”, polo que “tampouco estamos a favor de apoiar solicitudes de comparecencia con asuntos que non afectan ao Goberno autonómico”.
“A oposición está a pasar da súa responsabilidade de afrontar os principais problemas que afectan a Galicia, principalmente o desemprego e a situación económica, e intentan distraer da situación interna realmente complicada que teñen, tanto o Partido Socialista, en relación coa polémica coa dirección nacional para a elección dos seus líderes, como intentando tapar os problemas internos do BNG, en relación coa asemblea para a elección dun novo portavoz nacional e o retorno á liña política de hai máis de 15 anos que os leva a facer pactos con Bildu”, dixo o portavoz. Neste sentido, Pedro Puy engadiu que “todo elo lévaos a facer o xogo á terceira forza da oposición, que intenta desprestixiar as institucións”.
Puy recordou que o Grupo Popular vén de aprobar, a petición do Grupo Socialista, unha comisión parlamentaria de estudo e para previr os casos de corrupción. “Esta comisión pode ser útil para mellorar as normas que afectan ao gasto público, de xeito que se poñan medidas preventivas de posibles prácticas corruptas”, anotou.

Gabinetes de Comunicación de Alternativa Galega de Esquerda (AGE), BNG e PPdeG