Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

As rexións fronteirizas de Europa debaten en Santiago o futuro da cooperación

A Xunta e a Asociación de Rexións Fronteirizas de Europa debaten en Santiago o futuro da cooperación territorial no marco do novo período financeiro 2014-2020 que recentemente se aprobou no Consello da Unión Europea.

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo inaugurou o Foro sobre cooperación transfronteiriza da Asociación de Rexións Fronteirizas de Europa, na Cidade da Cultura, que está centrado nas perspectivas para a cooperación transfronteiriza perante o escenario financeiro 2014-2020, e destacou o incremento do orzamento na partida destinada a Cooperación Territorial.

Na inauguración participaron tamén o presidente da Rexión alemaña de Bélxica, e presidente da Asociación de Rexións Fronteirizas de Europa, Karl-Heinz Lambertz, e o vicepresidente da Comisión de Coordinación e Desenvolvemento Rexional do Norte de Portugal (CCDR-N), Carlos Neves.

O director xeral destacou a recente aprobación do marco financeiro plurianual da Unión Europea para o vindeiro período 2014-2020, que servirá para superar as consecuencias sociais da crise financiera en que está inmersa Europa e avanzar hacia a recuperación económica.

Jesús Gamallo incidiu que dende a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal se ven defendendo tradicionalmente os beneficios da cooperación territorial, os distintos actores que participan dunha idea común e comparten intereses, consiguen mellores resultados traballando de maneira conxunta e cooperando entre eles. E destacou que neste periodo que agora remata, a Eurorrexión participou en 70 proxectos financiados co Programa Operativo de Cooperación Transfronteriza España Portugal, e que supuxeron unha inversión total de máis de 135 millóns de euros.

No Foro estiveron presentes representantes de máis de 40 rexións fronteirizas de Europa, a Comisión Europa, Ministerio de Hacienda y AA.PP, representantes de la Universidade, de entidades locais e empresarios.

En novembro de 2009, o goberno galego chegou a un acordo coa Asociación de Rexións Fronteirizas de Europa (ARFE) para por en funcionamento en Galicia un Observatorio da Cooperación Transfronteiriza en Europa. Este Observatorio tradúcese, na práctica, na realización dun seminario bianual sobre a evolución da cooperación transfronteiriza. A última edición, ata agora, foi a celebrada en Vigo en 2011, centrada na investigación, desenvolvemento e innovación en rexións transfronteirizas.

ARFE

A Asociación Europea de Rexións Fronteirizas (ARFE) naceu hai 40 anos na fronteira xermano-holandesa. A súa finalidade inicial foi a de dar a coñece-los problemas específicos de tales territorios a través da constitución dun “lobby” con presenza primeiro ante as autoridades dos estados respectivos, máis adiante ante o Consello de Europa e a Unión Europea. Hoxe en día a Asociación Europea de Rexións Fronteirizas (ARFE) comprende máis de cen membros, rexións fronteirizas ou transfronteirizas de países membros da UE e rexións de países candidatos e doutros estados do leste de Europa. No caso de España, son membro da ARFE a totalidade das comunidades autónomas españolas fronteirizas con Portugal e Francia. Galicia foi a primeira Comunidade Autónoma española que se afiliou à ARFE en 1986.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia