Gómez Besteiro agarda que se explique á militancia o acordo con Ferraz sobre as primarias galegas
O secretario xeral do PSdeG-PSOE en Lugo e candidato á secretaría xeral do partido en Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, respostou sobre a fórmula acordada para a consulta previa ao Congreso. “Agardo que o secretario xeral explique ese acordo á militancia. Hai algúns interrogantes que convén aclarar, sobre todo pola transparencia e por fomentar a participación, que é o que desexamos todos os sociaistas galegos”, afirmou.
Asimesmo, indicou que cando isto suceda trasladará a súa opinión no partido. “Cando teña algo que dicir o direi nos órganos do partido, pero en todo caso eu espero esa explicación, que estou seguro que se vai facer a través da Executiva Nacional Galega. Como saben son moi respetuoso coas formas, e cando teño que valorar un procedemento fágoo nos órganos do partido, e esa é a miña máxima”, asegurou.
Gómez Besteiro insistiu en que a fórmula “non se trata de que guste ou non guste”, senón que “os acordos aos que se chega hai que explicalos e nese sentido o máis importante neste proceso é a transparencia e fomentar a participación”. Neste sentido, o socialista destacou: “Nese proceso é no que vou estar hoxe en Santiago, nas principais capitais de Galicia e tamén nas comarcas, coa idea de sumar, que é o máis importante que necesitamos os socialistas, e sobre todo falar de futuro, que é o que os socialistas e a sociedade galega espera”. Preguntado pola posibilidade de que haxa máis candidatos para optar á secretaría xeral do PSdeG, indicou que “isto é un xogo democrático, por tanto pódese presentar un, dous, catro, cinco ou dez”.

PSdeG Lugo