A Axencia para a Modernización Tecnolóxica aproba o Plan de Acción 2013
O Consello Reitor da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) aprobou o seu Plan de Acción 2013, que establece 7 obxectivos estratéxicos que aglutinan 32 programas de acción cun orzamento de 94 millóns de euros, tras consolidarse a integración das áreas tecnolóxicas de seis consellerías.
Tras a xuntanza do máximo órgano da Axencia, presidido polo vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Pública e Xustiza, Alfonso Rueda, a directora da Amtega, Mar Pereira, explicou que o Plan actuará en dúas direccións, consolidando os proxectos que se están a desenvolver no marco Axenda Dixital de Galicia 2014.gal e abordando, por primeira vez, iniciativas tecnolóxicas para mellorar a competitividade dos sectores primarios e mellorar servizos de especial importancia para o cidadán como os de emprego e benestar.
Contrato de Xestión Plurianual
As actuacións de 2013 enmárcanse no contrato de xestión plurianual da Axencia ao que o Consello Reitor deu hoxe o visto bo para a súa aprobación polo Consello da Xunta. O obxectivo deste contrato de xestión é regular a actividade da Amtega desde a máxima transparencia establecendo os plans de actuacións, proxectos e indicadores asociados que serán avaliados de xeito anual.
Organización do Persoal TIC
Actualmente, o persoal da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia está composto por 282 empregados públicos. Ao longo deste ano abordarase a reorganización do persoal TIC tanto nos servizos centrais como nas delegacións para cumprir cos obxectivos de eficacia, eficiencia e especialización que establece o contrato plurianual de xestión. A reestruturación organizativa nos servizos centrais da Cidade da Cultura permitirá a liberación de máis de 1.100 metros cadrados de espazos nas dependencias das distintas consellerías
Iniciativas para sectores primarios e a mellora de servizos estratéxicos
A creación da Amtega e posta en marcha do Centro de Proceso de Datos Integral en 2012 facilitarán a optimización do gasto TIC, grazas á centralización de compras e servizos e á unificación de contratos. Este novo modelo de xestión integral permitirá abordar nesta lexislatura iniciativas tecnolóxicas de impacto nos principais sectores produtivos galegos e a a mellora de servizos esenciais para o cidadán.
Este ano iniciarase o Plan de Modernización dos Servizos Sociais, integrando as as TIC no sistema para mellorar as prestacións, simplificar procedementos, reducir os prazos de tramitación e compartir información e recursos entre todas as administracións. Ademais, comezarase iniciativas para a mellora das políticas activas de emprego.
Entre as actuacións dirixidas aos principais sectores produtivos e os sectores primarios está a potenciación da xestión telemática no sector agrogandeiro, coa posta en marcha de novos servizos de tramitación e consulta directa na Oficina Agraria Virtual, o impulso da tarxeta sanitaria veterinaria e de sistemas de detección e vixilancia de incendios forestais ou a creación da Plataforma de xestión de servizos para o sector da pesca e do mar
Modernización da Administración Pública e da Xustiza
Durante 2013 avanzarase e consolidaranse iniciativas que xa están en marcha como o Plan de Modernización da Administración que, entre outras actuacións, ampliará os servizos dixitais que se ofrecen a cidadáns e empresas a través da sede electrónica. O obxectivo é duplicar os procedementos que se poden tramitar electrónicamente na sede pasando dos 500 aos 800 a finais de 2013.
Poranse en marcha novos servizos de interoperabilidade para evitar que o cidadán presente documentación básica que obra en poder da Administración como xa ocorre co DNI, o certificado de empadroamento ou de titularidade da conta bancaria. En 2012 o portal de interoperabilidade implantado en todas as consellerías evitou a presentación destes documentos en máis de 150.000 trámites de cidadáns e empresas coa Administración autonómica.
Entre os avances cara o cero papel desenvolverase unha plataforma de sinatura dixital que permitirá incrementar os 67.000 documentos asinados electrónicamente en 2012 ao 100.000 durante este ano.
No marco do Plan de Senda para modernizar a Xustiza renovaranse os sistemas de gravación das salas de vistas, integrando a sinatura dixital na elaboración da acta xudicial Galicia convértese na primeira Comunidade en colaborar co Estado no desenvolvemento do Plan Tecnolóxico Estatal para a Modernización da Xustiza
Infraestruturas de Telecomunicación
Neste área un dos obxectivos chave é completar as actuacións do Plan de Banda Larga, acadando un 97% de galegos con cobertura a través de redes fixas e sen fíos e o 3% restante vía satélite. Ademais grazas ao Plan 1,3 millóns de galegos Terán acceso á redes de Nova Xeración con velocidades de 100Mbps.
En liña con esta medida está a aprobación da Leis de Impulso e ordenación das Infraestruturas de telecomunicacións de Galicia, actualmente en trámite parlamentario.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia