A metade dos galegos terán acceso a redes de 100Mbps a finais de 2013
Galicia é unhas das primeiras comunidades da Unión Europea que está a subvencionar a implantación de Redes de Nova Xeración, as máis punteiras do mercado, con velocidades de ata 100Mbps. A extensión de redes NGAs en núcleos de máis de 500 habitantes, fóra das grandes cidades, é un dos obxectivos do Plan de Banda Larga da Xunta, que se está a realizar en colaboración co operador R. Esta actuación conta cun investimento público privado de 127 millóns de euros, 27 deles achegados pola Administración autonómica.
A finais de 2013 a metade da poboación galega (1,4 millóns de persoas) disporá xa de acceso a redes de fibra óptica de 100Mbps, cumprindo con dous anos de adianto o obxectivo para 2015 da Axenda Dixital para España. En total, serán máis de 200 núcleos de toda a Comunidade os que teñan acceso a estas infraestruturas, que son a base de novos servizos dixitais e condición indispensable para competir nun mundo globalizado.
A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, e o conselleiro delegado de R, Arturo Dopico, presentaron esta mañá no Centro Demostrador TIC o balance desta liña do Plan de Banda Larga, e explicaron as vantaxes e posibilidades destas redes cunha demostración de servizos dixitais creados por tres ‘startups’ galegas.
A responsable do departamento tecnolóxico da Xunta explicou que estas redes son fundamentais para impulsar o crecemento económico e a innovación empresarial. Por iso, o Plan de Banda Larga contempla dous obxectivos, dotar de cobertura a todos os galegos pero tamén implantar estas redes fóra das grandes cidades.
A día de hoxe a colaboración entre R e a Xunta permitiulles o acceso a estas redes a máis 1,2 millóns de galegos de 164 núcleos de máis de 500 habitantes. Mar Pereira indicou que a importancia destas infraestruturas reside na súa capacidade para desenvolver con maior facilidade novos modelos de negocios máis eficaces e eficientes, novas formas de producir e comercializar produtos e servizos e novas formas de comunicación entre cidadanía, empresas e Administracións.
Por iso, recordou, a UE e a maioría de países da OCDE situaron o despregamento das infraestruturas de nova xeración como un dos principais obxectivos políticos e estratéxicos da presente década.
O que dan de si 100 megas, en vivo
Tras a intervención de Mar Pereira e Arturo Dopico, Antonio Rodríguez del Corral, xerente de desenvolvemento de negocio de R, conectou en directo cunha tendaR do operador galego en Lalín a través do chamado sistema de telepresenza. Dende unha das salas do Centro Demostrador TIC, Antonio Rodríguez puido entaboar unha conversa ‘presencial’ pero a distancia na pantalla dunha tele dixital co monologuista galego Isi, a quen os asistentes ao acto viron e escoitaron en tempo real.
Desta maneira amosouse unha das moitas aplicacións da dispoñibilidade de accesos de 100 megas, que van formar parte da nosa vida cotiá de xeito progresivo e que nos van permitir, por exemplo, contactar con outras persoas próximas do noso contorno ou con profesionais da Sanidade e doutros eidos da administración simplemente acendendo a nosa tele e premendo unha canle determinada. Ademais da televisión interactiva, o fogar dixital, os servizos na nube ou o teletraballo figuran tamén na listaxe destes novos servizos.
A proba completouse coa demostración do cambio de tiro de cámara nun concerto en vivo para apreciar o evento dende diferentes perspectivas e máis con outras aplicacións desta experiencia da altísima velocidade no Centro Demostrador TIC de Santiago
Tres ‘startups’ galegas encargáronse de desenvolver este ensaio de servizos dixitais poñendo en xogo algunhas das moitas utilidades dos 100 megas, o que sinala outro dos vieiros de futuro para o desenvolvemento de Galicia e a xeración de emprego da man das novas tecnoloxías.
Plan de Banda Larga da Xunta
A extensión de redes e 100 megas é unha das liñas do Plan de Banda Larga da Xunta que ten como obxectivo principal facilitar o acceso á internet a todos os galegos. Desde a súa posta en marcha as actuacións desenvolvidas permitiron posibilitar o servizo de internet a 655.000 galegos dos 786.000 que carecían del no 2009
En tres anos, o Plan permitiu que a porcentaxe de galegos con acceso á rede chegase a máis do 95% de media fronte ao 70% existente en 2009.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia