Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Actos de Nadal da Asociación Cultural Xinzo

O xoves 6 de xaneiro os nen@s de Xinzo e das parroquias de arredor reciben as súas Maxestades de Oriente. A partires das 16.00 horas os Reis con cadansúa carroza percorreran a parroquia de Xinzo acompañados, nesta ocasión pola rondalla viguesa de O Freixo. O percorrido comezará coma xa ven sendo costume no Torreiro de Parada. De volta os Reis Magos farán a súa entrada no Centro Cultural Xinzo e recibiran en audiencia aos nenos e nenas no Auditorio para atender as súas peticións. Así e todo haberá moitas sorpresas para os máis cativos. Este acto está organizado polo Centro Cultural Xinzo. Na Cabalgata de Xinzo colaboran o Concello de Ponteareas e a Asociación de Comerciantes de Ponteareas.
Actuación de Playback no Centro Cultural Xinzo. O Grupo de Playback do Centro Cultural O Coto, de San Estevo de Budiño (Salceda de Caselas), actuará o sábado 8 de xaneiro ás 21.00 horas no Auditorio do Centro Cultural Xinzo.
O Centro Cultural Xinzo organiza a tradicional excursión á neve, xa que todos os anos visitase a Estación Invernal de Manzaneda. O domingo 9 de xaneiro convócase aos afeccionad@s á neve a pasar o día en Manzaneda. Aproveitando que este ano a neve é abundante, anímase aos soci@s e non soci@s do Centro Cultural Xinzo a xuntar a maior grupo de persoas para este día. Os prezos da excursión son de 5 € para os soci@s do Centro Cultural Xinzo e de 15 € para os non soci@s. A saída do autobús será ás 9.00 horas dende o torreiro de A Portela, fronte ao Centro Cultural Xinzo.


Asociación Cultural Xinzo